Esta é a mensaxe, que xa me chegara antes por outra vía

---------- Forwarded message ---------
De: Proxecto Trasno <administra...@trasno.gal>
Date: dom., 20 de set. de 2020 ás 17:37
Subject: [Proxecto Trasno] Comentario: "Hunspell para o galego: versión
18.07 «Francisco Mirás»"
To: <cert...@certima.net>


Novo comentario sobre o teu artigo "Hunspell para o galego: versión 18.07
«Francisco Mirás»"
Autor: Luis (IP : 92.38.171.81, dream-es.netwpool.com)
Correo electrónico: luis...@gmail.com
URL:
Comentario:
Estou tentando usar o o dicionario no  InDesign e guioniza moi mal tipo
"tal-leres" en vez de "ta-lleres". Poden publicar algún artigo ou tutorial
sobre o tema por favor? Non atopo información na rede ao respeito.
Resúltame imposíbel maquetar un libro así. Grazas!

Podes ver todos os comentarios desta entrada aquí:
http://trasno.gal/2018/07/28/hunspell-para-o-galego-version-18-07-francisco-miras/#comments

Ligazón permanente:
http://trasno.gal/2018/07/28/hunspell-para-o-galego-version-18-07-francisco-miras/#comment-2239
Envialo ao lixo:
http://trasno.gal/web/wp-admin/comment.php?action=trash&c=2239#wpbody-content
Marcalo como spam:
http://trasno.gal/web/wp-admin/comment.php?action=spam&c=2239#wpbody-content
---------------------------------------------------------------------------


A cuestión é que en LibreOffice o guionizador funciona ben neste caso:
[image: imaxe.png]
Entendo o problema do usuario. Nun texto longo, coma un libro, se o
guionizador divide mal, é moi fodido compoñer porque se moves un espazo
nunha liña, todo o texto se recoloca e poden aparecer todo tipo de
problemas visuais de ortotipografía. Supoño que este só é un exemplo e terá
moitos máis casos semellantes. InDesign é certamente un dos usos máis
importantes do guionizador pero non sei se realmente respecta as regras do
ficheiro

Tamén teño a dúbida de se está a utilizar a última versión do guionizador
O único que se me ocorre é suxerirlle que bloquee a guionización automática
(polo menos no parágrafo).

Quizais sexa problema de InDesign (eu non o teño instalado)
Alguén pode dar luz?

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7082&h=cf475e568c7347f9f503ef0d4828155909cd6bee&sa=951995653

Responderlle a