Pode ser difícil explicar o interese deste proxecto cando non se vai ver un produto práctico, unha facilidade ou servizo inmediato. Pero o futuro ao noso arredor estará copado por IA en todo: na casa, no coche, na educación, nos servizos, no ocio... será unha compañía querida e necesaria. Que fale galego non está garantido. Cando eu sexa máis vello seguro que preferirei falar cun robot antes que estar pasmando diante da tele, como xa fan os vellos xaponeses.
En galego necesitamos dispoñer destes datasets (en lingüística chamados thesaurus) agora para que nos vindeiros anos se poidan desenvolver aplicacións prácticas. Ás empresas capaces só lles será rendible facelo, cos seus recursos, cun feixe de idiomas francos a nivel mundial. O conto de sempre. Por unha filtración involuntaria, viñen a saber que a RAG doou a unha gran multinacional un volume moi substancial de arquivo sonoro, con transcrición textual. Sospeito que gratis, coa promesa de integrar o galego nos seus servizos de asistente de voz. Obviamente esa empresa non vai "compartir" con ninguén tal tesouro. Desde o punto de vista da RAG é comprensible. Está totalmente fóra das súas posibilidades moverse neste terreo e quizais teña obrigas cruzadas con quen a financia, e tempouco creo que ninguén de Mozilla vai ir a pedirllos O que diferenza o proxecto de Mozilla é que está aberto por un lado e que os dataset serán de dominio público. A medida que se estandarice esta tecnoloxía estará dispoñible case para calquera desenvolver aplicacións se ten acceso viable a estes almacéns de materia prima lingüística. Vai ir lento? pois si, éche o que hai. _._ Estaba buscando algún exemplo de como funciona toda esta tecnoloxía con redes neuronais e procesamento da fala. Atopei isto https://es.mathworks.com/support/search.html/videos/deep-learning-for-speech-and-audio-processing-with-nvidia-gpus-1586524417560.html?fq=asset_type_name:video%20category:deeplearning/index&page=1 https://es.mathworks.com/support/search.html/videos/deep-learning-for-signals-and-sound-1544467789023.html?fq=asset_type_name:video%20category:deeplearning/index&page=1 Non estou seguro se utilizan os datasets de Mozilla neste caso pero traballan con eles seguro. Aquí un apunte de para que serven estas tecnoloxías actuais https://medium.com/breathe-publication/top-15-deep-learning-applications-that-will-rule-the-world-in-2018-and-beyond-7c6130c43b01 Desculpade a chapa pero é unha reflexión que quería compartir. Para min conecta coas mensaxes fundadoras de Trasno e dos pioneiros dos anos 80. Din exactamente o mesmo da súa época, a da incipiente informatización da sociedade. Antón - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7175&h=5884077878d0baa37e1257761243ea28c2e3969a&sa=1885879754
