O ven., 12 de feb. de 2021 ás 10:11, Miguel Bouzada
(<[email protected]>) escribiu:
>
> Sobre CV:
>
> Penso que habería que facer unha nota explicativa, ben clariña, sobre a 
> pronuncia da primeira e segunda persoa do plural do pretérito imperfecto:
> falabamos, falabades
> andabamos, andabades
> ...
> Que maior parte da xente pronúnciao co acento ao estilo do castelán 
> falábamos, andábamos, falábades, andábades... co que se corre o risco de ter 
> un feixe de frases (sonoras) incorrectas
>

Aínda que iso é certo, non vexo como podemos evitalo
- non imos estar diante cando se graven as locucións, polo menos da maioría
- non podemos poñer "notas" na interface de gravación

e desde un punto de vista da IA tampouco ten moito sentido, porque
deberá recoñecer e interpretar tal cal se lle fala en contexto
informal. Outra cousa é o modelo de lingua que a IA utilice... e aí si
que sería importante ese control.




> --
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
> - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7272&h=cf999142944945184f05a7c0b219ea90ff1f4ab7&sa=1959648325

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7273&h=535d47124f652bdf3d010eb22cc30f1989d1b6cb&sa=2138666407

Responderlle a