Ola!
agreguei 10 frases e revisei mais de 100.
Rexeitei algunhas mal escritas e compartín con algunhas persoas coñecidas.
Coido que estaría ben algún documento de axuda en galego, en google chrome
a páxina https://commonvoice.mozilla.org/sentence-collector/#/add
aparecía en inglés e traducíase automáticamente a español pero non é doado
entender como agregar frases nin revisalas para usuarios pouco
familiarizados con estas cousas coma mín.
Agardo poder colaborar noutro intre.
Entereime por esta nova hai días pero ata hoxe non puiden...
Saúde e ánimo eu son usuario de @voice en android para que me dicte novas
en inglés e castelán mentres fago cousas da casa e de cote laiome de que
non haxa voz TTS en Galego ou polo menos as veces que a procurei non a
topei.
Á vosa disposición.
Saúde.

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7313&h=6965a29dff28dcdd3d85076d4718f0fc71e66c6a&sa=860500385

Responderlle a