Envío o meu procesamento da Lei 5/1983, do 30 de xuño, de sanidade
escolar (derrogada). Copiei e peguei o texto. Escollina porque é a máis
antiga con algo de extensión. Procesado o texto, das 287 liñas orixinais
(en branco excluídas), obtiven 39, non todas aproveitábeis. Isto é, un 10%.

Destas, o corrector eliminaría 11. Isto é, un 3%.

Xosé

PS Este é un reenvío, antes non fora para a lista.

O 19/02/21 ás 22:09, Antón Méixome escribiu:
> Envío comparativa do meu procesamento para obter textos
>
> Lei de reutilización da información dos servizos públicos (obtida do
> BOE, non de Lex.gal)
> Diario de sesións (obtido do Parlamento)
>
> A elección da lei non é inocente, claro
>
> Creo que se ve evidente cal é o máis produtivo.
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> [email protected]
> - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto
Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
>
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7358&h=94f585d09e4a5adb8eedd175d8ec5fba4339f6ee&sa=832167248
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7365&h=cf195093fe0f152ac6227b4ab6e30113901c07b8&sa=31850539

awk 'NF<=14' leidesanidade.txt  |       # Oracións de até 14 palabras
awk 'NF>2'                      |       # Oracións de máis de 2 palabras (non 
se cumpre!)

sed "s/[a-z]) //"               |       # a), b), etc.
sed "s/Sección [0-9]\.ª //"   |       # Sección
sed "s/Capítulo [IVXLC]* //"   |       # Capítulo
sed "s/^[0-9]\. //"             |       # 1. 2. etc.
sed "s/:$//"                    |       # Dous puntos finais.


awk NF > leiExtraida     # Elimina parágrafos en branco
O Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia ten o firme propósito de 
potenciar ó máximo a defensa integral da saúde, individual e colectiva, 
mediante plans de acción conducentes ó seu fomento, mantemento, protección e 
restablecemento.

A saúde, entendida como componente esencial do benestar e non só como 
ausencia de enfermidade, é un dereito humano fundamental, e o logro do máis 
alto grado posible de saúde é un obxectivo prioritario, sanitario e social. A 
promoción da saúde conduce ó desenrolo e ó progreso humano e social, á vez 
que estes conducen á saúde e ó benestar, determinando e aumentando todo iso 
a esperanza e calidade de vida: vivir máis e con maior benestar.

A importancia da Sanidade Escolar dentro do ámbito da acción sanitaria en 
xeral vén dada tanto pola ampla porcentaxe de poboación que abrangue, coma 
polas particularidades do período de idade que abarca, caracterizado 
principalmente polo crecemento e o desenrolo físico, mental e social. Esta 
circunstancia fai necesaria unha especial vixilancia médico-psico-pedagóxica 
para proporcionar ó escolar un crecemento e desenrolo harmónico integral.

O artigo 33.1 do Estatuto de Autonomía para Galicia atribúe a esta Comunidade 
Autónoma competencia para o desenrolo lexislativo e a execución da 
Lexislación Básica do Estado en materia de Sanidade Interior, consecuente co 
cal pretende a presente Lei desenrola- la Base 14 da Lei de Sanidade Nacional 
do 25 de novembro de 1944, artigo 36, apartado h) e 11) da Lei Orgánica 
5/1980, do 19 de xullo, e regular aqueles aspectos non contemplados no Decreto 
2347/1978, do 25 de agosto, do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social.

As actuacións realizadas polo Goberno Galego no exercicio das competencias 
transferidas nesta materia polo artigo 33 apartado e) do Real Decreto 1634/80, 
do 31 de xullo, en fase preautonómica e consolidadas polo Real Decreto 
1706/82, do 24 de xullo de 1982, en fase autonómica, permitiron detectar unha 
serie de anomalías no eido concreto da Sanidade Escolar, ben por falta de 
coordinación dos distintos servicios, ben pola carencia de recursos 
económicos suficientes para solucionar toda a complexa problemática sanitaria 
que aquel sector implica, e que se intenta corrixir coa presente Lei.

Fíxanse no texto, como obxectivos fundamentais, a protección e promoción da 
saúde dos escolares mediante a Educación Sanitaria, os Exames de Saúde e as 
Prácticas de Medicina Preventiva aconsellables en cada caso, todo isto 
complementado mediante a necesaria formación permanente en materia de Sanidade 
Escolar do persoal sanitario e docente e a investigación neste eido.

2

O control sanitario proporcionado á comunidade escolar por medio dos Exames de 
Saúde favorecerá o descubrimento e identificación, o máis precozmente 
posible, de defectos, anomalías ou deficiencias que, debido ó seu 
diagnóstico temperán, terán as máximas posibilidades de curación ou 
mellora, que poderá realizarse, na maioría dos casos, dentro do marco da 
medicina ambulatoria, diminuíndo así os gastos hospitalarios e facendo, en 
consecuencia, unha medicina máis racional, eficaz e económica.

Os Exames de Saúde, para que poidan cumprir estes obxectivos, deben ser 
realizados con técnicas sinxelas que estean ó alcance dun equipo de medicina 
primaria e sexan aceptables e atractivos para os nenos, pais e mestres.

Na exploración dos escolares deberán cubrirse, como mínimo, os seguintes 
aspectos:

a) Control do crecemento e do estado nutricional.

b) Control do desenrolo e a maduración puberal.

c) Identificación de malformacións, defectos e anomalías corporais, 
detectables por unha exploración física convencional.

d) Identificación de enfermidades de especial significación epidemiolóxica 
en Galicia (raquitismo e bocio endémico, entre outras).

e) Identificación de anomalías e defectos da visión e audición.

f) Identificación de alteracións e deficiencias mentais, psico-emocionais, 
sociais, da aprendizaxe e pedagóxicas.

Independentemente do diagnóstico de anomalías individuais, realizaranse 
accións para a prevención colectiva de enfermidades evitables e, de forma 
especial, mediante a actuación nos seguintes eidos:

a) Prevención da caries e outras anomalías bucodentais.

b) Prevención de enfermidades transmisibles.

c) Prevención de enfermidades carenciais (bocio e raquitismo principalmente).

d) Prevención de enfermidades que comenzan na infancia e que orixinan na idade 
adulta unha alta taxa de morbilidade e mortalidade, tales como a 
arterioesclerose, enfermidade cardiovascular, hipertensión, obesidade e 
cáncer.

e) Prevención do tabaquismo, dedicando especial atención a non permitir fumar 
nas áreas onde desenrolan as súas actividades os escolares, tendo en conta a 
acción nociva do fume do tabaco para o fumador indirecto, así como a 
necesidade de non fomentar, mediante o exemplo, un hábito hixiénico negativo.

f) Prevención do alcoholismo e outras drogodependencias.

g) Prevención de accidentes.

h) Planificación nutricional no comedor escolar.

i) Identificación das aptitudes e capacidades para a actividade deportiva e a 
educación física.

j) Apoio médico-psico-pedagóxico a nenos con enfermidades crónicas e 
limitacións físicas, psíquicas e sensoriais.

O contacto de adultos cos nenos é sempre un medio potencial de transmisión de 
enfermidades ou perturbacións do estado psico-emocional do neno polo que se 
fai esixible, dentro dos obxectivos da presente Lei, un control periódico da 
saúde física, psíquica e sensorial dos mestres. Así mesmo, o persoal 
auxiliar e especialmente o que traballa nos comedores escolares debe estar 
sometido ós controis de saúde a teor da lexislación vixente.

A escola é, despois do domicilio, o lugar onde o neno pasa a maior parte do 
seu tempo. En consecuencia, as aulas, o mobiliario, o comedor escolar, os 
espacios recreativos e deportivos, o entorno da escola, así como o transporte 
escolar poden ser elementos adversos para a saúde e o benestar do neno. Por 
tanto, estableceranse accións, normas e recomendacións sobre estes aspectos 
para converter así a escola nun medio de promoción de saúde e benestar 
infantil.

3

A Educación Sanitaria é unha das accións máis útiles e eficaces para a 
promoción, protección e restauración da saúde. É indubidable que a Escola, 
cos grupos humanos implicados nela (escolares, mestres, familia e sociedade) 
resulta o lugar máis idóneo para o desenrolo desta importante actividade que 
debe abranguer, como mínimo, os seguintes aspectos:

a) Educación sanitaria dos escolares para o desenrolo de actividades e a 
creación de hábitos hixiénicos positivos.

b) Información ó persoal docente sobre temas de interés sanitario.

c) Educación Sanitaria dirixida ó persoal non docente e familias dos 
escolares.

4

Tendo sempre presente que o dereito ó maior grado de saúde que sexa posible 
acadar está recoñecido na nosa Constitución para tódolos cidadáns, á 
marxe de calquera circunstancia persoal, declárase como principio fundamental 
que a acción pública de Sanidade Escolar debe ser gratuíta para tódolos 
escolares galegos, independentemente do centro onde cursen os seus estudios, 
correspondendo a súa financiación ós Poderes Públicos.

5

A transcendencia dos fins da Sanidade Escolar esixe unha mobilización de 
efectivos do sector público, mediante unha vertebración que afecta ás 
Consellerías de Sanidade e de Educación e ós órganos dependentes de ambas, 
de forma moi especial ós Sanitarios Titulares, Directores dos Centros docentes 
e os órganos colexiados dos mesmos, sen esquece-la importante colaboración 
dos Concellos.

A Sanidade Escolar, ó igual cás demais actividades sanitarias, terá en conta 
criterios de comarcalización e especialmente o Mapa Sanitario elaborado pola 
Consellería de Sanidade, e realizarase en colaboración cos restantes 
servicios da Administración implicados na consecución dos obxectivos daquela.

6

Finalmente e como garantía última do cumprimento da Lei declárase o 
principio de responsabilidade para o transgresor das normas contidas na mesma.

Polas devanditas razóns, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade 
co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de 
febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de El-Rei, 
a Lei de Sanidade Escolar.
Capítulo I Ámbito de aplicación da Lei e medidas xerais

Artigo 1

A presente Lei será de aplicación:

a) En tódolos centros docentes públicos e privados de Educación Preescolar, 
Educación Xeral Básica, Educación Especial, B.U.P. e Formación Profesional 
existentes en Galicia.

b) Os alumnos dos centros citados, así como os pais, tutores ou persoas 
responsables, e os Directores, profesores e persoal non docente daqueles 
centros.

c) Os edificios, instalacións, mobiliario, material e entorno dos centros 
existentes ou de nova creación, no que se refire ás condicións sanitarias 
que haberán de reunir.

Artigo 2

1. Os Médicos e Auxiliares Sanitarios dos cadros oficiais de Sanitarios Locais 
asumen, dentro da esfera das súas respectivas competencias, a responsabilidade 
do cumprimento das normas desta Lei, de acordo coas funcións que o Regulamento 
do Servicio Sanitario Local do 27 de novembro de 1953 e demais disposicións 
pertinentes lles asignan.

2. Así mesmo, os Veterinarios e Farmacéuticos titulares, e os Psicólogos 
afectos ós Centros locais e comarcais de saúde e ós Gabinetes de 
Orientación Escolar, realizarán as funcións concretas en materia de sanidade 
escolar que na presente Lei se especifican.

Artigo 3

1. Os Servicios de sanidade escolar desenrolarán preferentemente as seguintes 
funcións:

a) Exames de saúde periódicos da poboación escolar, profesores e persoal non 
docente dos centros. En todo caso os devanditos exames efecturanse con 
carácter ordinario ó comenzo do curso escolar.

b) Educación sanitaria.

c) Observación e vixilancia das alteracións da conducta dos escolares, das 
deficiencias do rendemento escolar e as súas causas, e das ausencias dos 
alumnos, todo isto baseándose nos datos proporcionados pola autoridade 
académica e conforme ás previsións desta Lei.

d) Accións dirixidas á prevención das enfermidades evitables no medio 
escolar, hixiene da alimentación, dietética e control sanitario dos comedores 
escolares, das súas instalacións e funcionamento, de conformidade co 
establecido na Orde do 24 de outubro de 1978, sobre vixilancia, control e 
inspección de comedores colectivos.

e) Control sanitario das actividades da Educación Física e do Deporte.

f) Análise e proposta de corrección das condicións sanitarias dos edificios 
e instalacións escolares así como informe preceptivo dos expedientes de 
adquisición de centros docentes, tendo en conta o seu entorno e ámbito social.
Capítulo II Actividades sanitarias
Sección 1.ª Actividades sanitarias en relación cos alumnos

Artigo 4

1. Ó comenzo da escolarización abrirase a tódolos alumnos suxeitos a esta 
Lei un expediente médico- escolar ó que se incorporarán:

a) A ficha de saúde familiar, que será cumprimentada polos pais ou tutores 
dos alumnos e na que se incluirán os antecedentes de interés relacionados cos 
estados de saúde, persoais e familiares. Regulamentariamente, establecerase 
pola Consellería de Sanidade o contido da información da ficha de saúde 
familiar.

b) O informe do médico ou servicio sanitario habitual do alumno sobre o seu 
estado, coas recomendacións, se as houber, sobre as medidas a adoptar no 
Centro Escolar en relación con aquel. Regulamentariamente establecerase pola 
Consellería de Sanidade o contido do informe médico do alumno. No caso de que 
o alumno non poida aportar informe médico, procederase a facerlle unha 
revisión inicial que suprirá a carencia do citado informe, previa 
autorización do pai ou tutor.

c) A cartilla de saúde infantil, coa ficha de vacunacións actualizada, que 
será presentada polos pais ou tutores para a súa transcrición ó expediente.

d) Os informes psicopedagóxicos do alumno facilitados polos 
profesores-tutores. Os Gabinetes Psicopedagóxicos ou, no seu caso, os 
Servicios de Orientación Escolar adscritos ás respectivas Inspeccións 
Técnicas de ensino elaborarán un modelo básico de informe psicopedagóxico.

2. Cando o Alumno cambie de centro, o seu expediente médico-escolar será 
remitido, en prego reservado, ó Director do novo centro.

Artigo 5

1. Os exames ordinarios de saúde efectuaranse obrigatoriamente ós alumnos de 
primeiro, quinto e oitavo de E.X.B. así como ós alumnos do último curso de 
B.U.P. e ós de segundo curso de Formación Profesional de Primeiro e Segundo 
Grado. Ningún alumno de novo ingreso poderá ser excluído do exame de saúde, 
pertenza ou non ós niveis establecidos no presente artigo.

2. Estes exames médicos deberán extenderse á idade preescolar na forma que 
regulamentariamente se estableza e, cando as circunstancias o aconsellen, a 
calquera alumno dos cursos non especificados anteriormente.

Artigo 6

Os exames médicos abranguerán tódolos aspectos comprendidos ó efecto na 
ficha médicoescolar que regulamentariamente se estableza.

As exploracións psicopedagóxicas levaranse a cabo a petición do 
profesor-tutor, previo informe favorable do Director, que dará coñecemento ó 
Consello de Dirección dos alumnos que, a xuício do profesor-tutor, necesiten 
a antedita exploración.

Artigo 7

1. Cando, como consecuencia dos resultados dos exames de saúde, ou por 
calquera outra circunstancia, se faga necesario levar a cabo un estudio médico 
complementario dun alumno, comunicarase ó pai ou tutor para a súa 
realización.

2. O informe médico do devandito estudio, que versará fundamentalmente sobre 
as posibles repercusións do ambiente escolar na saúde do neno, así como 
especiais coidados psicofísicos que poidan necesitar, entregarase á 
Dirección do Centro correspondente en forma reservada, que, á súa vez, 
poñerá en coñecemento do pai ou tutor do alumno unha copia do mesmo.

Artigo 8

1. Os pais ou tutores dos alumnos que falten a clase por enfermidades, 
accidente ou outra circunstancia análoga, estarán obrigados a comunicar esta 
situación ó profesor- tutor en modelo de impreso ó efecto.

2. Se o neno foi obxecto de asistencia médica, os pais ou tutores deberán 
aportar no momento da súa incorporación ó Centro escolar un informe médico 
co Diagnóstico, e no seu caso, as medidas sanitarias e psicopedagóxicas 
adoptadas ou que fose preciso adoptar. No caso de que pais ou tutores non fagan 
tal aportación, procederase a facer un exame médico extraordinario, se a 
circunstancia do caso o requirise, previa autorización do pai ou tutor.

3. Estas medidas serán especialmente rigorosas nos casos de procesos de 
posible contaxiosidade.

Artigo 9

Todo Centro docente deberá contar cos medios necesarios para poder prestar 
primeiros auxilios e asistencia de urxencia. A tales efectos, dispoñerán, 
como mínimo, do equipamento que regulamentariamente se determine.

Artigo 10

1. Tódolos Centros escolares regulados na presente Lei establecerán, de forma 
individualizada, un plan de actuacións para casos de emerxencia ou catástrofe 
no que se detallarán, para cada posible continxencia, a localización e 
identificación do persoal médico e sanitario en xeral, así como os posibles 
sistemas e medios de evacuación, e os centros asistenciais previstos para o 
traslado e tratamento dos alumnos que o precisen.

2. En colaboración cos servicios de Protección Civil establecerase un Plan de 
coordinación por comarcas dos distintos plans de actuación de cada un dos 
centros.

3. Os servicios de sanidade escolar comprobarán nas súas visitas ós centros 
docentes con motivo dos exames de saúde, ou cando o estimen conveniente, o 
cumprimento do disposto no artigo 9 e no párrafo 1 deste mesmo artigo 10 desta 
Lei. Da súa comprobación darán conta as Consellerías de Sanidade e 
Educación, ós efectos do previsto nas Leis en materia de sancións.
Sección 2.ª Actividades sanitarias en relación co Profesorado e resto do 
persoal dos centros docentes

Artigo 11

O Profesorado, ó incorporarse ás funcións docentes, aportará un informe 
médico sobre o seu estado de saúde e capacidade psicosensorial, que será 
revisado periodicamente. Regulamentariamente establecerá o contido mínimo do 
informe médico.

Artigo 12

O resto do persoal, non incluído no artigo anterior, aportará ó incorporarse 
ó centro e antes do desempeño das funcións do seu cargo un informe médico 
do seu estado de saúde, o contido mínimo do cal establecerase 
regulamentariamente, quedando obrigado, igualmente, a someterse ós 
recoñecementos periódicos que se establezan.

Artigo 13

O persoal de cociña e comedores escolares estará en posesión do carnet 
sanitario de Manipulador de Alimentos debendo cumpri- la normativa vixente 
sobre vixilancia, control e inspección sanitaria de comedores colectivos.

Estas normas serán aplicables igualmente ó profesorado que teña relación 
directa cos comedores escolares.

Artigo 14

O persoal docente ou non docente que cause baixa por accidente ou enfermidade 
transmisible deberá aportar no momento da súa incorporación ó centro 
informe médico sobre o seu estado.
Sección 3.ª Actividades sanitarias en relación cos edificios escolares, 
instalacións e material

Artigo 15

1. Ós efectos de asegura-lo cumprimento das normas sanitarias, os edificios e 
instalacións escolares serán recoñecidos polos servicios competentes da 
Consellería de Sanidade antes da súa posta en funcionamento.

2. Por razóns sanitarias, acoutaranse nos Centros espacios concretos para 
fumadores.
Capítulo III Educación sanitaria e prevención de enfermidades evitables
Sección 1.ª Educación sanitaria no medio escolar

Artigo 16

1. Corresponderá á Consellería de Educación, co contido técnico que 
determine a Consellería de Sanidade, a elaboración de programas formativos de 
educación sanitaria, dirixidos ós alumnos, pais e persoal docente e non 
docente dos centros, así como a súa inclusión nos programas de estudio.

2. A Consellería de Educación solicitará das federacións comarcais ou 
provinciais de Asociacións de Pais de Alumnos e dos respectivos Concellos unha 
relación dos temas de especial interés que xulguen oportuno que deban figurar 
nos anteditos Programas.
Sección 2.ª Accións relacionadas coa prevención de enfermidades evitables 
no medio escolar

Artigo 17

Serán obxecto de especial atención aquelas accións dirixidas á prevención 
de enfermidades evitables no medio escolar, tales como vacunacións 
recomendables, investigación e profilaxia de enfermidades transmisibles e 
prevención de afeccións de orixe alimentaria, entre outras, debendo o persoal 
do Centro apoia-la realización destas tarefas sanitarias e colaborar na súa 
programación e execución.
Capítulo IV Financiación

Artigo 18

A Comunidade Autónoma, mediante as oportunas dotacións presupostarias, 
extenderá a gratuidade da realización das actividades médico-escolares a 
tódolos centros a que se refire o artigo 1 desta Lei.

Esta gratuidade será efectiva sempre que os centros escolares empreguen os 
equipos dependentes da Consellería de Sanidade.

Os centros docentes que empreguen outros equipos médico-sanitarios 
sufragaranos ó seu cargo sen prexuício de quedaren sometidos ás normas 
contidas nesta Lei.
Capítulo V Organización
Sección 1.ª Organización e funcionamento dos servicios de sanidade

Artigo 19

Á Consellería de Sanidade corresponde a planificación, dirección, 
inspección, control e adopción de medidas para a execución das actividades 
relacionadas coa sanidade escolar, no ámbito territorial de Galicia, sen 
prexuício da necesaria coordinación con outros organismos e das facultades 
que corresponden á Administración Central.

Artigo 20

A Consellería de Sanidade estudiará tódalas propostas que, na prestación 
dos Servicios de Sanidade Escolar, lle fagan as Deputacións, Concellos, 
Federacións de Asociacións de Pais de Alumnos, Caixas de Aforro, a Cruz 
Vermella Española ou calquera outra Institución educativa ou sanitaria. Esta 
colaboración poderase articular a través de convenios.

Artigo 21

O Persoal sanitario adscrito ás funcións de sanidade escolar estará, no 
exercicio das mesmas, debidamente coordinado coas restantes estructuras 
sanitarias.
Sección 2.ª Persoal e medios para a realización das actividades de sanidade 
escolar

Artigo 22

Os Médicos, Auxiliares Sanitarios Titulares e Psicólogos realizarán as 
funcións a eles encomendadas nos artigos 3, 5, 6 e 17 desta Lei dentro do seu 
ámbito territorial. As unidades móbiles da Consellería de Sanidade 
contribuirán cando sexa necesario a completa-lo estudio sanitario preciso.

Artigo 23

Os Veterinarios Titulares vixiarán os alimentos propios da súa competencia 
como tales nos comedores e cociñas escolares da súa circunscrición, e 
colaborarán dentro do ámbito da súa competencia nas accións de saneamento 
dos Centros escolares e do seu entorno. Así mesmo participarán nos equipos 
para a planificación nutricional e educación sanitaria.

Artigo 24

1. Os Farmacéuticos Titulares controlarán a auga de abastecemento dos Centros 
docentes correspondentes, vixiarán os alimentos propios da súa competencia 
como tales e participarán no resto do equipo sanitario na planificación 
nutricional e educación sanitaria.

2. Pola súa parte colaborarán nas accións de saneamento dos Centros 
escolares e do seu entorno así como nas funcións atribuídas ós Médicos no 
artigo 22, dentro do ámbito da súa competencia.

Artigo 25

Os Directores dos Centros docentes estatais e non estatais están obrigados a:

a) Aseguraren a realización dos exames de saúde e demais actividades 
sanitarias proporcionando, a tales efectos, espacios dignos e suficientes onde 
aqueles poidan ser realizados.

b) Comprobaren o cumprimento por parte do persoal docente e non docente das 
súas obrigas en relación co disposto nesta Lei.

c) Faceren cumpri-las prescricións sanitarias específicas relativas a 
comedores escolares, custodiando o Libro de Visitas de inspección de comedores 
colectivos previsto na Orde do 24 de outubro de 1978 sobre vixilancia, control 
e inspección de comedores colectivos.

d) Vixiaren a cumprimentación da documentación sanitaria prevista nesta Lei e 
o seu arquivo coa debida reserva.

Artigo 26

Regulamentariamente determinarase a colaboración das Asociacións de Pais de 
Alumnos e dos órganos colexiados de cada Centro para a consecución dos 
intereses sanitarios protexidos pola presente Lei.

Artigo 27

Cando como consecuencia da comarcalización das actividades docentes, algún 
municipio careza de Centros escolares, os Sanitarios Titulares destes 
municipios integraranse nos equipos de sanidade escolar dos Centros ós que 
acudan os escolares da súa demarcación territorial. Pola súa parte, os 
Concellos implicados colaborarán nos programas e tarefas de Sanidade Escolar 
daqueles Centros.

Artigo 28

A fin de unificar e homologa-las actividades sanitarias, en tódolos Centros 
docentes utilizarase documentación normalizada axustada a criterios que 
permitan o seu ulterior procesamento.

A Consellería de Sanidade elaborará un banco de datos coa finalidade de 
confeccionar un informe anual que inclúa un diagnóstico da saúde da 
poboación escolar.
Capítulo VI Responsabilidades e sancións

Artigo 29

A Consellería de Sanidade incoará, ou no seu caso propoñerá ó órgano 
competente, os oportunos expedientes ó obxecto de establece- las 
responsabilidades en que puideran incorre-las persoas a quen a presente Lei 
obriga, con imposición de sancións con suxección á normativa vixente.

Disposición derradeira primeira

A Xunta de Galicia dictará as disposicións necesarias para o desenrolo desta 
Lei.

Disposición derradeira segunda

A Consellería de Sanidade dotará dos medios persoais e materiais necesarios 
para garantiza- lo efectivo cumprimento desta Lei. A este fin, cubrirá as 
necesidades de persoal Sanitario, Psicopedagóxico e Auxiliar a que fai 
referencia o artigo 2.2 da presente Lei, articulándose a súa estructura e 
funcionamento de conformidade coa futura planificación sanitaria de Galicia.

Na exploración dos escolares deberán cubrirse, como mínimo, os seguintes 
aspectos
Control do crecemento e do estado nutricional.
Control do desenrolo e a maduración puberal.
Identificación de malformacións, defectos e anomalías corporais, detectables 
por unha exploración física convencional.
Identificación de anomalías e defectos da visión e audición.
Identificación de alteracións e deficiencias mentais, psico-emocionais, 
sociais, da aprendizaxe e pedagóxicas.
Prevención da caries e outras anomalías bucodentais.
Prevención de enfermidades transmisibles.
Prevención de enfermidades carenciais (bocio e raquitismo principalmente).
Prevención do alcoholismo e outras drogodependencias.
Prevención de accidentes.
Planificación nutricional no comedor escolar.
Identificación das aptitudes e capacidades para a actividade deportiva e a 
educación física.
Apoio médico-psico-pedagóxico a nenos con enfermidades crónicas e 
limitacións físicas, psíquicas e sensoriais.
Información ó persoal docente sobre temas de interés sanitario.
Educación Sanitaria dirixida ó persoal non docente e familias dos escolares.
Ámbito de aplicación da Lei e medidas xerais
A presente Lei será de aplicación
Os Servicios de sanidade escolar desenrolarán preferentemente as seguintes 
funcións
Educación sanitaria.
Control sanitario das actividades da Educación Física e do Deporte.
Actividades sanitarias
Actividades sanitarias en relación cos alumnos
Estas medidas serán especialmente rigorosas nos casos de procesos de posible 
contaxiosidade.
Estas normas serán aplicables igualmente ó profesorado que teña relación 
directa cos comedores escolares.
Actividades sanitarias en relación cos edificios escolares, instalacións e 
material
Por razóns sanitarias, acoutaranse nos Centros espacios concretos para 
fumadores.
Educación sanitaria e prevención de enfermidades evitables
Educación sanitaria no medio escolar
Accións relacionadas coa prevención de enfermidades evitables no medio escolar
Financiación
Organización
Organización e funcionamento dos servicios de sanidade
Persoal e medios para a realización das actividades de sanidade escolar
Os Directores dos Centros docentes estatais e non estatais están obrigados a
Responsabilidades e sancións
Disposición derradeira primeira
A Xunta de Galicia dictará as disposicións necesarias para o desenrolo desta 
Lei.
Disposición derradeira segunda

Responderlle a