Creo que pasou desapercibido e insisto «A min gustaríame que valorásedes a posibilidade de instalalo en Trasno porque reúne todo o que necesitamos. Especialmente interesante para nós a integración co correo e co móbil.»
Teño unha instalación de proba do Discourse, totalmente actualizado e traducido para que o vexades funcionando. Entrade, rexistrádevos, probádeo e valoramos en Trasno de metelo. A min paréceme xenial, incluso está configurado para conectar cun grupo de Telegram Por tanto permite: - participar (ver, publicar, responder) desde web - participar desde o correo, como toda a vida (=) - participar desde Telegram (creo que só seguir os temas e respostas) - participar desde móbil Hai unha app oficial que tamén permite conectar e participar en varios sitios Discourse Non hai que crear unha conta específica no sistema, abonda con ter conta de Gmail e permitir iniciar sesión con ela. Nota: o sistema está montado cun dominio de proba, e sobre a nube de Google pero é temporal e por tanto desaparecerá porque era para probar a tradución. https://discourse2.fanpa.gal/ Antón O luns, 15 de feb. de 2021 ás 02:37, Antón Méixome (<[email protected]>) escribiu: > Unha vez rematada a localización de Discourse > (https://www.discourse.org/), despois dun traballo de meses por parte > dun pequeno grupo entre os que nos encontramos algúns trasnegos, unha > pregunta: > > É equivalente xliff a tmx? > > Dado que é unha localización con licenza libre (GNU v2), envío anexo > que colgarei do repertorio de memorias de Trasno. > > 54 284 palabras de orixe > 7107 cadeas > > Hoxe en día, utilizan Discourse, por exemplo > Mozilla (xa está en galego) > Ubuntu > Chuza > The Document Foundation (LibreOffice), en probas > LanguageTool > > En fin, parece que to'quisque > > A min gustaríame que valorásedes a posibilidade de instalalo en Trasno > porque reúne todo o que necesitamos. Especialmente interesante para > nós a integración co correo e co móbil. > > Antón > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7370&h=33931643fba794027a74d47f4f833280ec6c2583&sa=2074994473
