Deume por unha curiosidade Nós levamos recollidas no sentence-collector neste momento 29.942 frases das que case están validadas case 6500 Superamos sen problema as 5000 para que nos abran o portal de gravación de voz
Mirei o catalán e teñen recollidas 3946, todas validadas... despois de 2 anos ... pero iso non chega para superar as 5000 de apertura Sei perfectamente que teñen á parte o corpus da wikipedia pero ... en fin. Van moi ben en gravacións, desde logo. Mirei o castelán: teñen 15.600 frases. Non sei cantas validadas; teñen 4 veces máis voces pero a metade de horas gravadas que o catalán e durante o mesmo tempo. O éuscaro ten 6000 frases recollidas e non ten aínda o portal de gravación aberto. Hai idiomas que teñen o sistema de gravación aberto e teñen 4 falantes recollidos, literalmente; e idiomas de estados como o búlgaro ou o abiasio que teñen menos de 20. Non sei supoño que son estas cousas as que deben facer reflexionar a Mozilla. Un saúdo - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7407&h=42c74fb9edb622c45afa33996aac19aa3d64f643&sa=1001408381
