Ola, envío unhas frases, por se aínda chego a tempo: Pois así che están as cousas
Eu non lle vexo xeito a isto Non quería soltarcho tan de súpeto, ho Non cho quería soltar tan de súpeto, ho Manda chover na Habana Mañá marcho para Ourense Supoño que terei que contar Somos xente pacífica, pero que non nos toquen as meninxes demasiado Sabes que non che podo aceptar esa linguaxe Fixéchelo moi ben, estes cambios non teñen por que ser negativos Haivos moito que dicir sobre ese tema Quedounos moi aquelada esta faixa para a mani Andamos divagando un pouco, mellor quedamos co principal Este mércores será unha data importante Volveremos sobre isto máis adiante Gustaríame saber tamén como me podo anotar para gravar. Un saúdo e grazas polo voso labor Nuria - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7465&h=a420e1837018172efafd4f7f3973adf5bfc79049&sa=772646176