Pódeslle enviar un correo a quen ten xa participado explicando que agora poden ser útiles para o proceso de validación. Pensaba facer un video explicativo esta tarde, se queres.
Tamén podes ir preparando unha circular para a mesma xente cando comece o proceso de gravación. Non ao principio, senón uns dias mais tarde, que nos dea tempo a detectar os empezos que poida haber. Xosé On Wed, 10 Mar 2021, 21:43 Antón Méixome, <[email protected]> wrote: > De algo máis de 30.000 frases que temos cargadas > falta validar unha parte substancial > > 23099 sentences left for you to review > > Certamente, xa superamos as 5000 mínimas para que nos abran o proceso > de gravación, cando Mozilla retome o traballo despois da > reorganización que seica están a facer. > > É importante que haxa un volume importante de frases dispoñibles > porque son as que se ofrecen aos usuarios para gravar. > > Así que quen teña tempo ou en ratos mortos podería darlle un aire a > isto. É moi fácil e bastante rápido. Só hai que comprobar que as > frases teñen sentido e que están ben escritas ortograficamente. Pódese > facer desde un móbil perfectamente. > > Cada frase debe ter polo menos 2 votos positivos de 2 usuarios > distintos para ser válida. > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > [email protected] > - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL : > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7476&h=0b985037c3aa90ae864012416397ff442b2e4adb&sa=1632896092 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7477&h=06a15512b214e3b802226631fbf61721be98f680&sa=1559114146
