Respondido

É unha colaboración oficial en toda regra.

O sáb., 13 de mar. de 2021 ás 10:52, INSTITUTO DE EDUCACIÓN
SECUNDARIA DE VALADARES (<[email protected]>) escribiu:
>
> Boas, enviamos o proxecto que presentamos ao claustro e que o próximo luns 15 
> de marzo empezaremos a poñer en marcha co alumnado. Imos un pouco lentas pero 
> esperamos que cheguemos a tempo...Un saúdo
> Carmen Boado
>
> Dirección IES Valadares.
> Avda Clara Campoamor S/N, 36315 Valadares, Vigo.
> Tel. 886111060
> [email protected]
>
> ----- Mensaxe de Antón Méixome <[email protected]> ---------
>   Data: Fri, 26 Feb 2021 01:30:35 +0100
>     De: Antón Méixome <[email protected]>
> Asunto: Re: Common Voice no IES Valadares de Vigo
>      A: [email protected]
>
> !                 ATENCIÓN: Este correo electrónico orixinouse fóra da 
> organización.
> Non prema en ligazóns nin abra arquivos achegados no correo a menos que 
> recoñeza o remitente e saiba que o contido é seguro.
> O xov., 25 de feb. de 2021 ás 21:12, INSTITUTO DE EDUCACIÓN
> SECUNDARIA DE VALADARES (<[email protected]>) escribiu:
>
> Bo día, grazas pola información, xa imos organizando pero aínda nos quedan 
> unhas dúbidas. Hai cousas que non temos claras:
> 1. As frases teñen que ser orixinais do alumnado e cedelas coa licenza CC, 
> ou/e tamén poden ler textos que sexan libres, valen as dúas opcións? e así?
>
> Si, ambas fontes.
>
> 2. Temos que subir nós as frases (revisadas por nós mesmas)  á aplicación e 
> despois serían, a maiores, revisadas por 3 persoas externas da vosa 
> organización? E así?
>
> É opcional
> Podedes funcionar autonomamente subindo vós directamente as frases, ou
> mandalas a través de nós en Trasno.
> E, si, unha vez subidas ao sistema que as recolle, hai un grupo de
> xente que colabora co proxecto Common Voice en galego  "validando" as
> frases. Unha a unha.
> De feito eu propóñovos que algúns profesores vos sumedes ao labor de
> validación (crear unha conta no sistema darlle ao review, pouco a
> pouco pero con constancia)
> O labor de Trasno é dar a coñecer e guiar no proxecto aos
> colaboradores, que é da Fundación Mozilla. Nós tamén producimos frases
> e temos medios máis complexos para aumentar o corpus de frases
> candidatas á gravación (repositorios de leis, procesado de bases de
> datos de textos, transcricións orais, etc). Mantemos comunicación
> directa cos responsables americanos de Mozilla para resolver dúbidas
> ou facer achegas (o propio proxecto de Mozilla está en evolución)
>
> Obviamente se as frases veñen xa ortograficamente revisadas, o
> traballo de validación será moito máis doado.
> Se algunha frase non cumpre algunha condición técnica, o sistema
> detéctao e xa non suben. Poden corrixirse e volvelas meter.
>
> 3. Temos que ver que non estean xa metidas na aplicación ou non enviar 
> repetidas entre as nosas?
>
> Xa o fai o sistema. Evita duplicados
> pero é perfectamente lexítimo enviar variacións de modelos de  frases
> (tempos verbais, sing e plural, xénero, etc): Voute ver, Funte ver,
> Irei verte, non te vin, ...
>
> 4. Os exemplos que nos enviaches non os entendemos ben, por exemplo, cando 
> pon "Follas Novas" significa que ese libro, todo o seu texto, está xa na 
> aplicación? E outras cousas como: "
>
> Non, iso é sempre imposible. Significa que se extraeron certo número
> de frases desa fonte. Se tes acceso ao texto completo podes procesalo
> automaticamente para extraer aqueles fragmentos que cumpren as normas
> técnicas, senón o normal é que inclúas un número delas, escolmadas e
> adaptadas persoalmente que che gustaron ou tes á man pero non todas.
>
> Xiada, v.2.7 Lesser General Public License For Linguistic Resources2,Lei de 
> reutilización da informacion - CC0Lei de sanidade escolar - CC0Lei de dereito 
> civil de Galicia - CC0Ownconversational sentencesAdap. de OpenSubtitles (Os 
> Vingadores)Fraseoloxía popularTILG, con permiso CC0PersoalPopular..."
>
> Claro, que é "popular" ou "Fraseoloxía popular" ou "persoal", "own" ou " 
> conversational sentences", non entendemos....
>
> Esa é a maneira en que distintas persoas autocatalogaron as súas
> fontes achegadas ao sistema. O sistema permite que cada un o diga como
> queira. Serve, xunto coa conta de usuario que se utilizou para
> localizalas no corpus se hai algún problema. Se as frases son
> inventadas o normal é declarar "persoal", se son refráns, frases
> feitas como "popular" e se son librarias ou de bases de datos ou así,
> pois indícase a licenza (o texto das leis é de dominio público por
> definición). En todo caso, non hai ningunha fonte que poidas meter
> enteira, son sempre colección de frases extraídas, escolmadas,
> transcritas de conversas, porque hai que contar coas restricións
> técnicas (máximo 14 palabras, sen números, etc.) que xa che comentei
>
> Esperamos estas últimas aclaracións para empezar a traballar co alumnado. Xa 
> falaremos máis adiante para as gravacións. E perdón por tantas dúbidas e 
> preguntas pero queremos empezar entendendo ben todo o proxecto.
> Grazas
> Carmen Boado
> Xefa de Estudos e Profesora de Tecnoloxía
>
> Lembrade que non estamos construíndo un corpus sistemático en canto ao
> tipo de contido, nin moito menos exhaustivo. Só un gran volume de
> frases que conteñan o máis posible toda a varianza da lingua:
> variacións, estilos, léxico. A intelixencia artificial non entende
> nada de nada do que lle presentamos. O que queremos é que afine o oído
> para que saiba "transcribir" calquera voz e con calquera tema. Para
> entendelo mellor, lembro o exemplo da intelixencia artificial que se
> creou para interpretar cardiogramas e que consegue predicir os
> pacientes que van sufrir un ataque cardíaco en 6 meses. Alimentouse
> con millóns de cardiogramas reais e agora acerta máis ca os
> cardiólogos experimentados... pero non se sabe en que se basea para
> acertar, non sabemos o porqué, xa que non o pode explicar. Pois aquí
> igual, vai ser capaz de detectar fonemas, as palabras sen comprender o
> que significan. Nun proceso posterior, un algoritmo de conversa será
> capaz de reaccionar e responder. Nós o que creamos é a "materia prima"
> en galego, que non está dispoñible e se non o remediamos, non teremos
> acceso a eses servizos.
>
> https://www.tecnologia-informatica.com/ejemplos-inteligencia-artificial/
>
> Dirección IES Valadares.
> Avda Clara Campoamor S/N, 36315 Valadares, Vigo.
> Tel. 886111060
> [email protected]
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
> - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno- 
> Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7409&h=bb57daee20eee493c51e88d1616040eea9bb9db9&sa=2107350951
>
>
>
>
> ----- Rematar mensaxe de Antón Méixome <[email protected]> -----
>
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
> - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7481&h=823650b9cbbae69c2078e3f40b2bab95c6449bbf&sa=654248508

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7482&h=f81f1e9cd1fa1a39b0c498f9953e1ccde3f070f1&sa=1364325309

Responderlle a