Ola Alicia,
Benvida
Dámosche de alta na lista de correo. Que saibas que tamén temos un
grupo de Telegram (esta é a ligazón de convite por se queres
https://t.me/joinchat/VihfHBx40Z5Z3ihq) e estamos en probas cun novo
sistema do foro onde te podes dar de alta e comentar o que queiras
tamén: https://foro.trasno.gal/

Tes un perfil estupendo para colaborar. Entendo que non estás aínda
"comprometida" con ningún proxecto en concreo e se me permites,
propóñoche un
https://common-voice.github.io/community-playbook/

Trátase dun minimanual que é útil para o público xeral que colabora co
proxecto Common Voice e tamén permite que lle saques rédito curricular
Anímate
:-D

Antón Méixome



O mar., 23 de mar. de 2021 ás 10:02, Alicia Pérez
(<alicia.perez.mrt...@gmail.com>) escribiu:
>
> Bos días,
>
> Chámome Alicia Pérez Martínez e son unha estudante de Tradución e 
> Interpretación na Universidade de Vigo. Póñome en contacto xa que me gustaría 
> participar como voluntaria no Proxecto Trasno no apartado de 
> tradución/corrección de textos. A día de hoxe xa "rematei" a miña formación 
> na carreira e tan só teño pendente presentar o Traballo de Fin de Grao para 
> poder graduarme, por iso considero que podería ser de axuda. Tamén me podería 
> ser de axuda a min por suposto, para sumar algo de experiencia e traballo 
> práctico de cara á miña carreira profesional. Se podo ser de axuda en 
> calquera caso, por favor non dubidedes en contactarme, encantaríame poder 
> participar en proxectos que promovan o uso e a visibilización da nosa lingua.
>
> Un saúdo cordial,
>
> Alicia Pérez Martínez
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7502&h=2564b8ad681e479cbd88eb792ba9aabcab2c332d&sa=1296302702

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7505&h=981c337c04f7585423a587941b893c34028bacfc&sa=382032671

Responderlle a