Boas. Antes de nada decir que son un gran admirador do voso traballo. Pertenzo á comunidade do Software Libre dende fai moitos anos e pertencín un GUL xa desaparecido que se chamaba GALITE.
En todo caso agora estou a desenvolver un proxecto para crear un asistente virtual baseado en Mycroft que falase en Galego, por iso creo que pode entrar dentro da vosa temática. Gustaríame utilizar o TTS de Cotovía que está accesible en: https://sourceforge.net/projects/cotovia/ Existen executables e paquetes .deb para Linux que funcionan correctamente e xa teño algun PC con Ubuntu funcionando perfectamente pero a idea sería que funcionara nunha raspberry pi para manter o proxecto de baixo custo. Quería pedirvos axudar para lograr de compilar este software para Raspberry PI 4. Probei con varias cousas pero sempre obteño un "Error del bus", "Bus error" ou calquer outro erro similar ó executalo. Comentar que teño que facer un pequeno cambio de código no arquivo fonemas.cpp e engadir un "signed" á primeira función. Despois ó executar "make" ou "make debian-packages" obteño un erro porque o HOST indicado é i686 e teño que cambiar en varios ficheiros por native ou armv6(probei con armv7, armv8, etc...). O problema é como moito poido desenvolver algo en PHP e para nada en C ou C++ , así que necesitaría unha axuda de un programador algo experimentado. Xa contactei coa universidade e me din que os programadores principais están bastante ilocalizables así que estou a contactar con que se me ocurre que me poida axudar. Gracias por adiantado. Saúdos. - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7581&h=90cd02935688dc48772718ea676fe93b2d4c7a92&sa=896592857
