Prezada Secretaría do ILG Noraboa polo proxecto. Pola miñas circunstancias laborais non me é posible asistir pero sen dúbida é do meu interese a xornada. E tamén de todo o grupo de Proxecto Trasno, que fomos dos primeiros en dar algúns pasos para que o noso idioma se puidese servir da tecnoloxía e poñer en servizo a esta para aos seus falantes. Sería posible que a xornada fose retransmitida por videoconferencia? Cónstame que a USC e a Cidade da Cultura teñen recursos magníficos para facelo, tanto para interactuar en liña como para arquivar unha gravación da xornada completa.
Un cordial saúdo, Antón Méixome O mar., 10 de maio de 2022 ás 12:20, Instituto da Lingua Galega (<[email protected]>) escribiu: > > Estimado presidente da Asociación Cultural para a Galeguización de > Software Libre Proxecto Trasno: > > Pola presente, gustaríanos informar de que *o 23 de maio terá lugar a > “Xornada de Presentación do Proxecto Nós”* a persoas e organizacións > públicas e privadas que teñan interese en coñecer o proxecto e a súa > evolución. > > *Nós *é un proxecto inédito en Galicia liderado pola Xunta de Galicia > cuxa execución foi encomendada á Universidade de Santiago de Compostela a > través de dous organismos punteiros de investigación en Intelixencia > Artificial e Tecnoloxías da linguaxe: CITIUS e ILG. *Nós *permitirá xerar > os recursos dixitais e lingüísticos necesarios para facilitar o > desenvolvemento de aplicacións baseadas en ambas as disciplinas, tales > como: asistentes de voz, tradutores automáticos e axentes conversacionais > en lingua galega. > > *Nós*, ademais, promoverá *a presenza dixital do galego facilitando a > creación dunha ampla variedade de ferramentas e recursos libres de alta > calidade*, que estarán á disposición de calquera *institución, > organización ou empresa* que queira desenvolver un produto tecnolóxico, > aplicación ou servizo que incorpore o galego. > > Desde quen estamos a organizar esta xornada, que pode consultar en detalle > no programa adxunto, adiantámoslle que ademais dos *líderes do proxecto > (Consellería de Cultura, USC, AMTEGA)* e *o equipo do Proxecto Nó*s, > contaremos coa presenza de *Cristina Gallach Figueres (Comisionada para > la Alianza por la Nueva Economía de la Lengua). * > > *Por todas estas razóns, sería para nós un pracer poder contar coa súa > presenza, *ficando á súa disposición para calquera aclaración que estime > oportuna. > > Con este fin e por motivos organizativos, *convidámolo a que se anote > neste formulario antes do 18 de maio:* > https://forms.office.com/r/d7jQvazAVe > Un saúdo cordial > María Álvarez de la Granja > Secretaria do Instituto da Lingua Galega > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7673&h=12edc6f8eb9318a654d8b10a035168a02d37437e&sa=1342527414
