E se poñedes un anuncio na web? Os pasos para ser socio, como colaborar e o das eleccións? Ademais revisades antes un pouco a web, as ligazóns, etc., posto que en 2 minutos que entrei na web para mirar este tema, antes de preguntar, atopeime con dous problemas de páxina non atopada: - Se premes en SOCIOS na web, da erro 404.- Onde indica como facerte socio da asociación (dentro de todo un texto falando da Asociación, cando se lle podería poñer un apartado "Facerte socio"), pon o texto que hai que poñerse en contacto coa Directiva para facerse socio, pero o texto sobre o que premer dirixe a outro erro 404. Dádeslle difusión despois, que hai xente que, ou ben non soubo entrar na lista ou ben a puido abandonar despois de todo o correo lixo que chegaba. Tamén estarán os que nin na lista se interesen, por non vela funcional, e só miren a web, twitter, telegram,...
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7938&h=bb45f497686103bc7b41634ea23b0bb6373a6329&sa=633237180
