Ola aos dous,

pois podedes ver os ficheiros en
http://l10n.gnome.org/languages/gl/freedesktop-org/ui/
aínda que os freedesktop son un pouco complicados porque teñen moitos
tecnicismos e poden probarse directamente xa que a meirande parte son
bibliotecas.

Carlos, alédome que te uniras a esta familia, se te ves cunhas poucas
forzas podes coller o glabels (http://www.glabels.org/) do cal podes
descargar a tradución desde 
> http://l10n.gnome.org/module/po/glabels.po.glabels_2_2.gl.po
son unhas 600 cadeas pero coido que son bastante sinxelas. 

"gLabels is a program for creating labels and business cards for the
GNOME desktop environment."
O máis seguro é que terás que consultar a San Google pola tradución de
tamaños de papel, formatos e demais...

Saúdos


O Lun, 24-05-2010 ás 09:10 +0200, Carlos Real escribiu:
> Ola:
> 
> Eu tamén podo colaborar coas traducións de freedesktop.org. Tendo en
> conta que son novato nisto, é boa cousa empezar con traducións pequenas.
> Dime por onde podo empezar.
> 
> Un saúdo
> 
> Carlos Real
> 
> 
> O Dom, 23-05-2010 ás 01:33 +0200, Fran Diéguez escribiu:
> > Ola rapaces,
> > 
> > alguén de vos ten unha conta en http://www.transifex.net/ en damned lies
> > teño algunhas traducións que están centralizadas aló: 
> > > http://l10n.gnome.org/vertimus/shared-mime-info/master/po/gl
> > > 
> > Por outra banda teño que remitir traducións ao Translation Project que
> > está "rematadas". Alguén ten contacto cos membros do grupo?
> > 
> > E xa por último: hai uns módulos do freedesktop.org que son interesantes
> > para traducir: plugins de gstreamer, o gstreamer, xkeyboard... alguén
> > quere colaborar e coller algún? Son ficheiros de 150 cadeas mais ou
> > menos...
> > 
> > Saúdos
> > 
> > 
> > 
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> 
> 
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a