2010/7/1 marcoslansgarza <marcoslansga...@gmail.com>

> Boa nova, pero nomes como Kazakhstán son normativos?
>
>
Non se trata de normativos ou non. A cuestión é ter nomes "oficiais" en
galego e desde logo é preferible ao nome orixinal

Қазақстан Республикасы

:-)

É unha versión "beta" en todos os sentidos pero podemos tranquilamente
considerar esa toponimia internacional como oficial para o galego por varias
razóns

- é produto dun servizo oficial público
- está discutida entre especialistas do campo. Existe toda unha batería de
criterios lóxicos e documentados (consulta os criterios de uso de exónimos e
as táboas de transliteración -únicas que coñeza en galego-)
- no equipo están varios membros de número da RAG (polo menos 2). Un membro
da RAG ten de seu unha presunción de autoridade (ás veces dá grima recoñecer
isto pero para nós resulta cómodo, simplemente)
- non temos nada mellor, nin o teremos (moito menos con licenza CC)
- non creo que a RAG, por si mesma, chegue nunca a tratar estas palabras e
moito menos a ditames sobre elas como non se fai en ningunha lingua (agás a
RAE, en parte).





> O Xov, 01-07-2010 ás 21:46 +0200, Antón Méixome escribiu:
> > Unha boa nova
> > Acabo de ver que está de volta o Atlas Mundial Galego da CRTVG
> >
> > http://www.crtvg.es/atlas/
> >
> > Ten licenza CC (by-nc-sa). Xa sei, non é o perfecto pero respecto do
> > que había ata agora, melloramos
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a