2010/7/2 Xabier Villar <[email protected]>: > > > 2010/7/2 Miguel Branco <[email protected]> >> >> Ola a todos, >> >> Finalmente si, e espero non vos coller de vacacións, convoco a primeira >> Asemblea Xeral do 2010 da asociación para este Sábado 17 de Xullo ás 16:30 >> no Centro Cívico de Monelos, A Coruña. Espero que poidades asistir todos os >> socios. Por favor, confirmádeme asistencia. >> >> No caso de que non sexades socios, convídovos igualmente a asistir á >> asemblea fundamentalmente para nos coñecer todos, ademais de para que >> poidades dar a vosa opinión nos asuntos que tratemos. Iso si, é como é >> lóxico, sen ser socio tedes voz pero non voto. Recórdovos que aínda vos >> podedes asociar, incluído ese día. Asociándovos gañades dereito a voto na >> asemblea ademais de axudarnos aos máis, coa cota de socio (15€/ano), a >> manter os servizos da web e demais gastos correntes. Xa sei que soa a >> propaganda, pero teño que dicilo :) >> >> A Orde do día: >> >> 1. Aprobar as contas do exercicio 2009 >> >> 2. Proceder á renovación da directiva. Causas: >> >> - Baixa voluntaria da función de tesoureiro de Marce Villarino >> >> - Baixa voluntaria como socio de Miguel Bouzada, polo que se debe proceder >> a elección de novo Vicepresidente >> >> 3. Aprobar o plano xeral de actividades para o 2010 >> >> ...e logo falamos do que sexa :) >> >> ademais dunha GPG Keysining Party!!. Ide preparando as vosas chaves!. >> >> Horario e data: >> >> De 16:30 a 20:30 [é para cando temos a sala ( para 20 persoas e con wifi)] >> >> (NB: Non marquei data antes por culpa dos estudantes e por culpa de que >> non me daban sala) >> >> Comida previa: >> >> Segundo vaiades confirmando asistencia indicádeme se queredes comer antes >> xa na city. Nese caso reservo un lugar cerca da estación de tren ou alí onde >> sirvan menú do día, p.ex. >> >> Como Chegar e Indicacións varias >> >> O centro cívico de Monelos está ao lado do centro comercial de Elviña >> (Gadis e un PCCity), a biblioteca de Elviña e de fronte aos Novos >> Ministerios e delegación da Xunta. Ten saída directa dende a Vedra, é fácil >> de chegar. >> >> O edificio: http://www.flickr.com/photos/93127...@n00/252198291/ >> >> Mapas: >> >> Enlace ao mapa, en coche dende Santiago: >> http://maps.google.com/maps?f=d&source=s_d&saddr=Santiago+de+Compostela,+Espa%C3%B1a&daddr=43.349111,+-8.404664&hl=gl&geocode=Fb9NjgIdAZh9_ynD0alwRv4uDTFETI2l4-mnJQ%3BFXd0lQIdSMF__w&mra=ls&sll=43.348373,-8.404326&sspn=0.002294,0.004823&ie=UTF8&t=k&z=10 >> >> Enlace ao mapa, a pé dende a estación de tren (son 10 min andando): >> http://maps.google.com/maps?f=d&source=s_d&saddr=Avenida+de+Joaqu%C3%ADn+Planells+Riera&daddr=43.349111,+-8.404664&geocode=FfN_lQIdn65__w%3BFXd0lQIdSMF__w&hl=gl&mra=dme&mrcr=0&mrsp=0&sz=17&dirflg=w&sll=43.351045,-8.408843&sspn=0.004587,0.009645&ie=UTF8&ll=43.350258,-8.405818&spn=0.004587,0.009645&t=k&z=17 >> >> e o da estación de buses buscádelo vós, que está tamén cerquiña. E se >> alguén chegara en avión, indícolle tamén como chegar xD >> >> Traducido, independentemente de se entrades pola AP9 ou a N550 na Coruña >> entrades pola Avenida de A Vedra (Alfonso Molina), escollede sempre o carril >> máis exterior e sairedes pola segunda saída da vía, en dirección >> "Monelos","Praza das paxariñas" ou "Corte Inglés", non recordo o rótulo >> exactamente ;). A anterior leva aos CCs de Carrefour, Espacio Coruña e ao >> Coliseum, tm ás universidades. Non, xusto a saída/incorporación seguinte. >> Usade o street view do google maps, que é fantástico!! >> >> Onde aparcar: a cousa está complicada, coma en toda a cidade. Nas >> inmediacións hai varios parkings de pago. Os do propio centro comercial >> (acceso ao mesmo lado que o centro cívico) ou nos novos ministerios (ao >> outro lado da estrada, visible dende a rotonda de acceso). Hai sitios >> arredor do centro gratuítos pero non soe haber libre ningún. Nesta zona da >> cidade é fácil que seguir de fronte te leve a outro extremo da cidade >> (literalmente), así que o primeiro sitio que vexades, zás!, e senón >> parquing. Cando me vaiades dicindo cantos sodes, busco como arranxar isto. >> >> Calquera cousa, preguntádeme. >> >> Desta volta elixín eu unilateralmente o sitio, porque xa levo bastantes >> viaxes a Santiago a conta dos papeis da asociación e do convenio. Para a >> seguinte, decidides de novo por votación e espero que os Vigueses saian >> favorecidos ;). >> >> Saúdos!! > > Eu non vou poder ir... o verán é tempo de festas, e ese día téñoa na casa > :(
Non lin a mensaxe, pero sendo a asemblea terei que ir. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

