Bueno, limpando a miña lista de tarefas pendentes cheguei a «conseguir que Chakra GNU/Linux teña o Amarok en galego». Isto ven de que estou probando unha distro nova e estrañoume ver que o Amarok estaba en inglés e non tiña o galego dispoñible. Ao chegar a esta tarefa o primeiro foi comprobar se os desenvolvedores (da distro) esqueceran incluír o galego, pero parece que non é iso, que os do Amarok non o publicaron na última versión.
Efectivamente, descarguei a última versión, a 2.3.1, e no tarball non hai gl. Alguen sabe por que? Quizais non había galego ou estaba moi pouco avanzado por aquel entón? O caso é que, salvo que alguén responda o contrario, asumo que o problema foi que a tradución non estaba avanzada abondo. O que me leva á segunda pregunta: hai alguén traballando na tradución do Amarok nestes momentos ─ou que teña pensado traballar nela dentro de pouco─? PS: en caso negativo ofrézome, por suposto, pero sóame que alguén comentara que estaba empezando a traballar nel.
signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

