> Así funciona Hunspell con todos os idiomas, non só co galego. > Estaría ben estar ao tanto para cando se poida probar se vai.
Descoñecía é que funcionase en gl_ES. Que se puidese facer pois algo lera do tema, pero non lle fixen caso ningún porque no seu día o stemmer que se ía empregar no Lokalize era o snowball. A idea no Lokalize, se non me equivoco polo que entendín do código fonte, é que as subcadeas do texto de orixe sexan procesadas a través do stemmer previo a procurar as suxestións correspondentes no glosario, onde deberían estas termos na forma canónica. Saúdos _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

