Estimados Sres.,

son Fran Diéguez, socio da asociación Proxecto Trasno. A Asociación
Proxecto Trasno é unha asociación sen ánimo de lucro cal traducimos
software libre ao Galego de forma altruísta, sempre co obxectivo de ter
as novas tecnoloxías na nosa ben querida lingua aproveitando o potencial
que nos fornece o Software Libre. Pode obter máis información sobre os
nosos esforzos na nosa páxina web: www.trasno.net.

O motivo deste correo electrónico é pola solicitude de colaboración por
mor de que unha das nosas últimas tarefas está sendo a tradución dos
estándares relacionados coa Toponimia mundial:

http://translationproject.org/domain/iso_15924.html
http://translationproject.org/domain/iso_3166.html
http://translationproject.org/domain/iso_3166_2.html
http://translationproject.org/domain/iso_4217.html
http://translationproject.org/domain/iso_639_3.html
http://translationproject.org/domain/iso_639.html

En concreto esta última semana estivemos completando o ISO 639-3 (máis
de 7000 entradas), o ISO 3166 (máis de 140 entradas), ISO 15924 (unhas
150 entradas) e o ISO 639 (case unhas 500 entradas). Todo isto baixo a
licenza libre Affero GPL da GNU Software Foundation.

Como documentación estamos empregando principalmente as traducións
realizadas polo equipo Español, Italiano e Francés, máis sempre poñendo
énfase na documentación da Wikipedia. P.ex.:

http://en.wikipedia.org/wiki/ISO_3166-2:GB

Veño de descubrir a súa web http://85.91.64.18/atlas/ a cal resulta un
excelente recurso de consulta en liña. Debido a gran extension do
traballo sería moi útil poder obter un ficheiro en texto plano das súas
investigacións con equivalencias entre o nome orixinal Inglés e a súa
tradución ao Galego. Isto incrementará a calidade das traducións para o
gozo dos usuarios galegofalantes de aplicativos libres (o navegador
Firefox, sistemas operativos libres como Ubuntu, etc). Loxicamente
nomearase como bibliografía o seu incríbel recurso en liña. Agardamos
pacientes a súa colaboración.

Como curiosidade, poden visualizar un vídeo no cal o pasado mes de xullo
a súa canle de televisión realizounos unha entrevista:
http://vimeo.com/13835081.

Agardamos a súa resposta,
Saúdos cordiais.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a