Ola,

Eu persoalmente colaborarei porque me parece moi xusto para  a nosa
lingua. 

De todas formas ¿isto significa que calquera iniciativa aínda que veña
da corrente política que veña vai ser vetada polo mero feito de non
seguir os cánones do software libre?

Conste que eu son totalmente partidario do software libre e cultura
libre, para iso estou traducindo en GNOME, Ubuntu, Translation Project,
estou traballando na Oficina de Software Libre da USC implantando
sistemas libres en detrimento do sistema operante das sete letras (aoga
estamos case no 40% para o GNU/Linux), e nas, poucas, horas libres dou
relatorios de software libre por Galiza.
Non credes que nos estamos convertindo nun aparello demasiado estático e
cicáis demasiado instrumentado.

> Ben, aquí entra a nosa obriga didactica, digamoslles que non podemos
> (como grupo) apoiar un uso "privatizado" da cultura, que é propiedade
> de todos e que a instrumentalización "privatizadora" non merece o noso
> apoio.

Queres dicir con isto que o uso de imaxes privativas convirte entón o
idioma, que tenta difundir esta acción social, en "cultura privatizada"?

Vou deixar de discutir en discusións que ao final non levan a nada.
Porén, non me parece xusto que cos ataques e pouco apoio institucional
que está tendo a nosa lingua tentemos "privatizar" accións que, aínda
que non sigan _estritamente_ os nosos gustos, poidan ser de moita axuda
á difusión do noso/meu amado idioma GALEGO. Aínda que non todos saibamos
escribilo ou falalo correctamente.

Regards,
Fran
> 

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a