Eu neste caso emprego habitualmente "introduza" pero nalgún caso, como actualmente no meego-instaler acaeme mellor "escriba" xa que como ben comentas, aí non hai outra forma de facelo que "escribindo co teclado". Outro caso é cando se pide que se defina, en formato /dev/sda p.ex., unha ruta, dispositivo etc... algo como "Enter device path" no que tamén emprego (a partir do falado en Ordes) escriba.
2010/11/8 Dani MF <[email protected]> > > Boas: > Na ultima xuntanza falouse sobre enter no sentido de escribir. Penso que > non se falou/afondou abondo sobre o tema. Non teño claro que sexa a mellor > tradución. > > Poño un exemplo: > Inglés: Enter password for 'XX' > Spanish:Introducir contraseña para 'XX' > Portugués (Brasil): Digite a senha para 'XX' > Portugués: Introduza a palavra-passe de 'XX' > Galego? > Introduza contrasinal (clave, penso que sería máis correcto, pero por > consistencia deixaría contrasinal) para 'XX' > > Eu penso que o que mellor acae é introduza ou insira porque pode que > teñamos a posibilidade de pegala ou ou outras. > Realmente se a escribimos pegamos ou incluso ditamos a traveso dalgún > programa de recoñecemento de voz, penso que non é relevante, o importante é > que en dito recadro se poña (introduza/insira) a clave. > Opinións? > > > > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

