Boas:
A min váleme todo o argumentado por Antón.
Concepto novo, termo novo que se adapta á grafía galega.
> en
> Plataforming/Plataform (to)
>
> gl
> Plataformado/Plataformar
+1


En 2010/11/10 13:59, Antón Méixome escribiu:
2010/11/10 damufo<dam...@gmail.com>:
Cal sería o concepto?
Instalar un sistema operativo?

Si, porque vai implícito; e non porque é algo moito máis xenérico, de
modo que pode ser moito máis complexo

Digamos que consiste en "implantar unha infraestrutura informática"
para un conxunto de necesidades... xa sei que non aclara nada

Por exemplo, pode incluír a elección e instalación de determinado
hardware «A Series on Technologies that make Networking the two
platforms easier.» Neste exemplo
(http://www.techedgeezine.com/networking_mac_pc_index.htm) pode verse
que se lle chama plataforma a cada SO, o que depende do punto de vista
sobre o concepto. Tamén neste sentido coñecemos o uso de software
«multiplataforma» pero digamos que é un valor máis reducido respecto
do que comentamos

A mellor definición que encontro é esta
http://www.virtusa.com/platforming/overview.asp

Inclúe un gráfico moi didáctico sobre o concepto de "plataforma"
relacionado coa industria do automóbil.


Na miña opinión relaciónase co "prototipado/prototipar", por tanto, un
termo moi técnico, e especializado en usos profesionais de enxeñaría.
Na industria IT, como podemos ver é algo moi habitual; resulta
sorprendente que non se teña comentado.

Respecto da solución en galego, temos que considerar tanto o contido
como a forma: penso que o feito precisamente de ser un termo
especializado fai que non sexa necesario buscar unha alternativa
"explicativa", os usuarios do termo saben de que están a falar e a
palabra inglesa é suficientemente transparente.

Respecto da forma "plataformar" que se aprecia como adaptación
habitual, creo que non ten problema. Trátase dun verbo derivado dun
substantivo «plataforma», e créase na primeira conxugación (CI), cousa
bastante habitual, así que resulta un neoloxismo coherente co sistema.

Optaría só por unha adaptación, de carácter analóxico respecto doutros
tecnicismos (prototipar, terraformar, xeorefenciar). A súa forma ten
que ser coherente tanto coa base «plataforma» coma co rexistro culto e
técnico. Daquela non sería admisible : *prataformar. En portugués,
detecto un certo uso de "trabalhador prataformar" pero o considero
vulgarismo; o normal é tamén «plataformar» tanto para verbo como
adxectivo. Úsase sobre todo no ámbito de construción naval, enxeñaría
tamén


en
Plataforming/Plataform (to)

gl
Plataformado/Plataformar









En 2010/11/10 02:26, Antón Méixome escribiu:

Hai que buscar unha saída para este verbo


http://www.google.es/search?hl=gl&q=%22plataformar%22+inform%C3%A1tica&meta=

http://www.google.es/search?hl=gl&source=hp&q=%22plataformado%22&meta=
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a