Lede as listas de X.org, veredes que o desenvolvedor de Wayland é desenvolvedor de X. Polo que vin X estase convertendo nun monstro e Wayland ao ser feito por un desenvolvedor de X (IBM) e con novo esquema pode ser que sexa un bo cambio. Agora mesmo está sendo empregado en dispositivos móbiles co que enténdese que é moito máis livián. Ademais está feito sobre OpenGL co que ten outro punto a favor.
Pola contra Wayland ten/terá dous importantes problemas: - Nvidia xa dixo que non daría compatibilidade nos drivers a outra cousa que non fora X. Que casualidade, que para que funcione Wayland, tes que facer módulos de kernel e que funcione o KMS => significado liberar código ao kernel Linux. NVIDIA FAIL! - Aínda está moi moi verde, polo momento eu só vin pintar primitivas e algunhas probas de concepto Lembrades cando Ubuntu migrara o sistema de arrinque de servizos a upstart? Todos, incluído eu, tirábamos pedras e agora todas as distros incluso Debian emprégano pola súa rapidez. No tema de Unity, aí si que estou de acordo convosco, non deberían fragmentar o escritorio, pero coidado o único que cambian é o aplicativo que está á vista. O resto é GNOME, e Unity é GNOME xa que está programado en GTK entre outras tecnoloxías/bibliotecas propias da plataforma GNOME. Eu estou probando xa o Unity e máis o Gnome Shell, e vexo comprensíbel que Shell cambiara. Pensade que Ubuntu ten financiación para pagar a deseñadores de interacción, protypers de UI e facer probas de experiencia de usuario. Que de feito publican aquí: http://design.canonical.com/. E GNOME, KDE, e calquera outro debería poder empregalas, como xa o fan. E xa como último punto, Wayland é LGPL v2 (desde onte mesmo) e Unity é GPL v3. Non son libres entón? Saúdos a t...@s O Lun, 22-11-2010 ás 22:52 +0100, Adrián Chaves Fernández escribiu: > Miguel Bouzada: > > http://www.alcancelibre.org/article.php/influencia-unity-gnome-shell > > http://www.alcancelibre.org/article.php/ubuntu-descartara-x-en-favor-waylan > > d > > Joder... > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

