Publicar a esperada guía de localización actualizada con todos os últimos consensos, levar a cabo unha revisión completa da mesma e facer unha tiraxe como guía de referencia para os membros de Trasno e para cursos.
Repetir o curso de localización en máis lugares xa que penso que foi un éxito. Financiar dúas Trasnadas para o ano que ven. Penso que cando nos xuntamos todos adiantamos moitas cousas. Organizar coloquios con persoeiros da xunta, responsábeis do proxecto Abalar ou da SX de Modernización para buscar sinerxias ou proxectos que poidan ser beneficiosos para os implicados. Isto a bote pronto. Saúdos O Mér, 01-12-2010 ás 14:21 +0100, Miguel Branco escribiu: > Ola, > > > Acábannos de avisar de que podemos contar con máis financiamento para > realizar actividades antes do 15 Dec. dentro do convenio de LUGs que > temos subscrito coa SX de Modernizacióne Innovación Tecnolóxica > (iMiT). > > > Algunha suxerencia de evento/actividade que deamos feito antes desa > data?. > > > Saúdos! > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto