2011/2/28 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: > 2011/2/25 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>: >> A idea que se deduce da nota que envía Antón refirese ao voluntariado das >> universidades, como o caso na de Vigo do GRUVI, ou outros equipos de >> voluntariado, como xente que fai de lazarillos de invidente, ou asistentes a >> xente con mobilidade reducida, grupos universitarios que colaboran con >> asociacións de apoio a diversos colectivos, alleos a universidade, etc... >> que é a propia universidade a que paga esas pólizas de seguro. >> >> A cousa podería ser tentar rexistrar a Trasno como asoc. universitaria, iso >> requeriría ter socios "membros da comunidade universitaria", actualizar eses >> listados curso a curso e solicitar da universidade a adscrición aos grupos >> de voluntarios, pero iso esixe un cumplimento minino por parte deses >> "voluntarios" (no caso da UVigo son dúas horas á semana de adicación >> mínima), a asistencia a uns cursiños (en Vigo son tres de 10 horas cada un, >> e a asistencia a eses tres supóñenlles 2 créditos de libre elección). > > Falando con xente do GPUL comentaranme que hai xa varios anos tiveran > que reescribir os estatutos para poder inscribirse como asociación > universitaria na UDC. Pode resultar interesante, pero creo que xa > fomos xuntando cousas dabondo para facer durante estes próximos > meses... > >> 2011/2/25 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com> >>> >>> Buffff. Incribirse coma entidade de voluntariado implica que teriamos que >>> contratar unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil para >>> a AC. Meditarase ^^ >>> >>> El 25 de febrero de 2011 16:20, Antón Méixome <cert...@certima.net> >>> escribió: >>>> >>>> Tema para seguirlle a pista >>>> >>>> http://www.aprendemas.com/Breves/DetalleBreve.asp?Breve=13590 >>>> >>>> Como andamos con iso de integrarnos como entidade de voluntariado?
Envío isto antes de que me esqueza de onde estaba o do voluntariado na UDC http://www.extension.udc.es/cooperacion/ _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto