> ** desenvolvemento de engadidos para ferramenta CAT [any] > ** [anything in your app @_'s features wishlist ]
Project: Integracion de pology con Lokalize para incorporar a esta ferramenta de TAO capacidades de QA Brief explanation: Integrar dentro de Lokalize determinadas utilidades do pology (verificación da ortografía, gramatica, regras e outras) de xeito que se poidan utilizar sen ir á liña de ordes. Expected results: Agárdase que o lokalize se comporte como cliente do pology. Agárdase que o usuario poida executar e obter resultados da comprobación de regras tanto a xeito de resumo desde a lapela do proxecto como no momento de cambiar o estado da unidade de tradución. Agárdase que o usuario poida modificar calquera ficheiro de datos utilizado directamente polo script ou hook do pology que estexa a utilizar. Agárdase que o usuario poida crear e editar os ficheiros de dicionario especializado que considere oportuno mediante unha gui que ofreza o lokalize. A comprobación ortográfica utilizará estes dicionarios tanto se é executada desde un menú como se a executa ao vivo. As indicacións do tradutor que afectan o comportamente destes hooks (# |, no-check-spell e # well-spelled:) deben poder inserirse desde a xanela de edición do ficheiro. Agárdase que o usuario poida aplicar a comprobación de regras mediante o hook check-rules, configurando calquera parámetro deste hook. Esta comprobación poderá executarse de dous xeitos: a) Mediante a lapela do proxecto, onde se aplicará a un só ficheiro ou cartafol, abríndose no segundo plano os ficheiros b) Ao vivo, durante a edición da UT, neste caso, no caso de saltar regras, antes de pasar a outra UT deberá notificar o usuario indicando que regras non se satisfan, e ofrecendo a opción de engadir o indicador de omisión de regras (# skip-rule: regra1, regra2) ou de editar a regra. Agárdase que o usuario poida aplicar a comprobación gramatical mediante o hook check-grammar. Agárdase que o usuario poida aplicar a comprobación de validez segundo os criterios do proxecto (vale, na actualidade só hai para kde e para o wesnoth). Project: Mellora no pology engadíndolle un hook check-spell-hunspell Brief explanation: Creación dun hook que empregue hunspell para a corrección ortográfica Expected results Agárdase que se cree un hook para o pology que empregue o hunspell como motor de corrección ortográfica permitindo empregar dicionarios especializados no formato do hunspell, co que se pode incluir información de afixos nel (aforrando moita extensión e facendo máis completos os dicionarios) Project: Mellora das regras para a lingua galega do LanguageTool Brief explanation: Mellora da segmentación e engadido de máis regras. Expected results: Agárdase obter un sistema de corrección gramatical baseado no LanguageTool cunha cantidade e amplitude de regras semellante ao Golfiño e mellorar a segmentación en oracións que se fai na actualidade para o idioma galeno no LT (fai falla para mellorar a calidade dos resultados) > Logo xa seleccionaremos o que podemos titorizar ou non, e ao que lle podemos > buscar titor externo ou non. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

