Non é que teña configurado nada en especial, simplemente me limito a
executar un par de ordes. As ordes en concreto son:

posieve check-rules -slang:gl -slokalize extragear-sysadmin/

para comprobar a adecuación as normas de estilo, e

posieve check-spell-ec -sprovider:hunspell  -slang:gl -slokalize
extragear-sysadmin/

para facer corrección ortográfica, asumindo que en efecto está empregando o
hunspell como lle indico. Atendendo á recomendación de Bouzada, comprobei se
mentres executaba a última orde estaba en execución enchant, pero non é así.
Con todo, nin con ps aux vexo ningñun proceso novo despois do python que
lanza o posieve, nin en top me aparece ningún proceso relevante que me dea
pistas de que motor ortográfico está traballando (é python o que consume o
98% dos ciclos). Aínda así, tendo en conta que está instalado
hunspell-gl-es-volga, e non o está myspell-gl-es, creo que podo estar seguro
de estar empregando o hunspell :P

Para amosarvos un resultado da execución, subín unhas imaxes ó seguinte
albume:

http://imgur.com/a/0P1gV

Evidentemente, as cadeas que se mostran teñen erros, xa o sei. Se estiveran
ben xa non os detectaría posieve XD. En todo caso notar que é interesante
que o propio posieve abre os ficheiros con erro e só se mostran as liñas
correspondentes, cos comentarios explicativos do erro cometido como notas
temporais.
Outra cousa, se meto a opción -saccel:& con -slokalize fállame, a ver se vai
ser iso o que che pasa a ti, Fran.


El 6 de junio de 2011 10:23, Fran Dieguez <lis...@mabishu.com> escribió:

> Ola a tod@s,
>
> O outro día na trasnada comentoume Xavier que tinha configurado o Pology
> para que lle verificara ortograficamente as traducións dun ficheiro po.
>
> Eu tentarao no seu día sen ningún éxito por iso quería pedir consello de
> como facelo e que pasos exactos se deben realizar. Logo eu fago o manual
> no wiki de Trasno como tenho feito co resto de pology e o seu uso en
> GNOME.
>
> Saúdos
> --
> Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 

Xabier Villar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a