Hai tempo que non traballo nisto, pero polo que recordo o motor
enchant é o predeterminado, e no caso de querer empregalo e non estar
instalada o módulo py-enchant (o nome non o teño claro) avisa cunha
mensaxe de erro nalgures.

Os módulos relevante poden atoparse e instalarse desde o pypi.

O principal problema é que iirc py-enchant, e igualmente pyhunspell
NON aproveitan o potencial de hunspell para os dicionarios no sentido
de que hai que foderse e seguir en 199x co formato aspell (palabra \b
palabra2\n palabra2feminino \n palabra2plural \n et coetera ad
nauseam) no canto de co formato de dicionario especializado de
hunspell (palabra\n palabra2 coma_esta\n palabra3 coma_estoutra\n &c.)
o cal ten as súas evidentes vantaxes á hora de elaborar axiña e ben
dicionarios personalizados, malia a limitación en código fonte que o
hunspell pon  á cantidade máxima destes que se poden usar á vez ao
executar a corrección.

Respecto do dito por Xavier noi seu correo:
Marabilloso, eu adoro o yakuake !!!!!
Aliás, para usar a corrección ortográfica con -slokalize hai ou que
estar moi taladrado, ou ter uns dicionarios persoais ansiiiiiiii de
grandes, ou tocar moooooito os ficheiros metendo marcas de excepción.
Pero é unha posibilidade.

A cuestión é (son):
a) Eu teño mooooooi pouco tempo, polo  que se alguén quere meterse a
actualizar os ficheiros do pology para o galego, que o faiga (que eu
saiba nunca se lle negou a ninguén unha conta real para o subversion
en kde)

b) Fálase moito de pasar regras, pasar corrección.... moi ben: pero
moi pouco de que para aproveitar a tope as posibilidades de
automatización de determinadas tarefas o pology require de meterlle
mao aos ficheiros, isto é, de meter na cabeceira e nas unidades de
tradución campos especializados para esta ferramente (ver no manual o
que se refire a proxecto e ás excepcións).
 b') Xa que logo: pensastes ben até onde chegar a usar o pology?

> Eu tentarao no seu día sen ningún éxito por iso quería pedir consello de
> como facelo e que pasos exactos se deben realizar. Logo eu fago o manual
> no wiki de Trasno como tenho feito co resto de pology e o seu uso en
> GNOME.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a