Acaba de publicarse un informe de resumo da xornada aquela de Letras Galegas e Internet
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Informe_xornadasgalegas.pdf Na miña impresión, o tratamento a Trasno é bastante bo. Mellor que as descoidadas declaracións da SXMIT. Con todo, non priva de ser criticable que Trasno non foi efectivametne convidada. Dá a impresión, pola maneira en que está redactado que intentan facer pasar a miña intervención como representativa dos múltiples traballos, cando iso nunca foi asi. É unha liña na que hai que traballar máis porque a luz está acendida. Propoño que se lles evíe un correo formal e aprobado pola directiva na que se agradeza a cita e o recoñecemento ao traballo aínda que se manifeste o disgusto por non ter convidado ningún representante da Asociación. Antón
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto