Ola a tod@s, hai alguén traballando na tradución de Ubuntu Oneiric? En 6 días sae a Beta (https://wiki.ubuntu.com/OneiricReleaseSchedule) e sería interesante ter cando menos o unity e indicator-* traducidos. Estouno probando en local e funciona bastante ben ademáis de permitir elixir entre Unity e GNOME 3.1.5, agora moi rápidos os dous por certo. LightDM é moi livián o cal se nota no tempo de arrinque da máquina. Aínda non vin o instalador, pero quero asumir que aínda non terán subida a nova versión co que non hai traducións estábeis.
Eu en GNOME lévoo ben co que podería botar unha man. Se me dades permiso fago traducións de: https://translations.launchpad.net/ubuntu/oneiric/+lang/gl Xa me diredes. Saúdos. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

