Saúdos
Gustaríame colaborar axudando na tradución dalgún proxecto
(Ubuntu, Gnome...) polo que acabo de subscrimirme á lista e estiven
botando unha ollada á documentación da páxina, sobre todo á Wiki aínda
que algunhas ligazóns están rotas.
Non entendo moi ben se debo
solicitar que se me asigne unha tradución que non estea feita, ou facer
primeiro unha "proba" para ser admitida, ou me teño que unir a un grupo, ou é
mellor que me poña en contacto co coordinardor...
A
miña formación é máis ben lingüística (licenciada en tradución e
filoloxía inglesa), aínda que a informática interésame de sempre e por
iso agora estou facendo un ciclo superior de fp.
Agardo que me poidades orientar no seguinte paso que teño que dar. Grazas
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto