Non foi sen tempo!
Levo usando a RC1 uns días e a verdade é que o cambio de versión previas é moi grande, fixeron moi bo traballo. Por outro lado faime rir que en todos lados poñen como característica máis salientable o da xanela única, cando para min (e supoño que para moitos que o empreguen con frecuencia), o de ter as xanelas separadas é unha gran vantaxe, pero entendo que para moitos acostumados a outros programas lles encante esta opción. A implementación total de GEGL é unha gran noticia e a ver se fai que teña máis vida este gran proxecto.

Saúdos.

En 03/05/12 12:55, Antón Méixome escribiu:
Aínda non están os binarios para Ws pero en Ubuntu 12.04 xa se pode
usar a RC1 mediante un ppa.

Trae moitas e boas novidades

http://www.gimpusers.com/news/00420-gimp-2-8-finally-released
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a