Boas:
Xa sei que xa se discutiu.
Na miña opinión clave era máis axeitado para traducir password, así é
como está no Joomla, non por rebeldía senón porque non me dou tempo a
facer o cambio a contrasinal pero tendo en conta a definición do
dicionario da RAG.
http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=clave
http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=contrasinal
Penso que debería abrirse novamente a discusión.
Se parece ben, pode anotarse para a trasnada.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto