A ver logo, varias cousas: - O tema de galego21: Galego21 non ten subproxectos, senon proxectos, e entrariades en igualdade de condicións que calquera outro. Galego21 pretende ser eso, un lugar de encontro onde se agrupan proxectos a prol da lingua, e de feito cada proxecto ten a súa total autonomia. Galego21 serve no posible para compartir recursos cando se precisen, e sen dúbida o LeGal estará en Galego21 como un proxecto independente, e coa súa autonomia :)), eu dende logo alegrome de que sexa así. Se non queredes entrar a nivel de estatutos e todo eso, pareceme ben, non hai problema de ningun tipo. Asi para concretar.... imos poñer o LeGal na lista de proxectos que agora temos xa en Galego21, o servidor, dominio, listas, etc.. son autonomas e autoxestionadas polo LeGal, e no posible cada vez que haxa unha novedade, accederedes aos formularios que ten Galego21 para que aparezan na sección de 'noticias'. Que vos parece??, algunha puntualización?, algo co que non estedes de acordo?.
- O Mozilla: Agora estou co tema, estudiando as ferramentas de traducción que proporciona o propio Mozilla, a saber... o MozexpTool serve para exportar os recursos en formato mais 'amigable' para repartir entre os traductores, e tamén serve para facer 'leveragings', ou sexa, para aproveitar as traduccións de versións anteriores e implementalas nas novas, asi se traducen só os recursos novos, esta feita en C++ (con interface de Visual 6). Existe outra ferramenta chamada 'Moztraslator', que está feita en Java (e que serve para calquera plataforma) e que implementa unha interface de tal maneira que atrapa os recursos do Mozilla e os presenta nunha pantalla en formato Browse de Base de Datos onde se implementan as traduccións, e ten unhas utilidades para 'salvar, recuperar, implementar traduccións, exportar, importar, etc..). Eu agora estoume peleando co MozExpTool, xa que non funciona exactamente como di Jordi Mas, o de SoftCatala, e que fixo esta ferramenta, xa que comenta que existe unha opción para que a partir dun arquivo de texto formateado dun xeito concreto, se poidan atrapar as traduccións feitas para versións de Communicator 4.x, e realmente esa opción non funciona. Estiven analizando o codigo fonte do MozExpTool (que esta disponible) e esa opción esta desabilitada. Escribinlle a Jordi para ver o que pasa con esa opción que nos serviria para aproveitar todo o traballo feito na traducción do Xis e reduciria drásticamente o traballo de traducción do Mozilla, pero aínda non sei nada del, agardo que en breve me conteste, e se non o fai, crearei eu un programa para eso. De todos os xeitos estaba pensando en crear unhas páxinas de traducción, a idea é esta: -Por medio de Perl e/ou PHP e/ou ASP crear unhas páxinas dinámicas onde se accedera por medio dunha clave dada aos que quixeran colaborar na traducción/revision do Mozilla, e que servirian para facer traduccións en liña, de tal xeito que se alguen ten 30 minutos accedera ás páxinas e fixera as traduccións que poidera. Esto ten o inconvinte de que se ten que estar conectado. Pero a flexibilidade é total, non se dependeria de plataformas de traballo dos traductores, nin de distribuccións de software moi extensas. Claro que non estaria mal ter ferramentas de traducción para que a xente as baixara e traballara con elas, pero........ Bueno, pois estou con esto. No LeGal vos poderiades ocupar de analizar as pequenas diferencias para pasar dende a traducción xeral á plataforma de Linux, que estan disponibles na seguinte páxina: http://www.mozilla.org/projects/intl/xul-how2l10n.html Por suposto, se alguen controla programación en Perl/PHP e temos xa un servidor que acepte PHP sería estupendo que se adicara a facer os scripst para o tema da traducción on-line. Creo que polo de agora nada mais meus. Apertas