Wed, Apr 12, 2000 at 08:48:54AM +0200, Camilo Regueiro escribiu:

>    - O tema de galego21: Galego21 non ten subproxectos, senon proxectos, e
>entrariades en igualdade de condicións que calquera outro. Galego21 pretende
>ser eso, un lugar de encontro onde se agrupan proxectos a prol da lingua, e
>de feito cada proxecto ten a súa total autonomia. Galego21 serve no posible
>para compartir recursos cando se precisen, e sen dúbida o LeGal estará en
>Galego21 como un proxecto independente, e coa súa autonomia :)), eu dende

        Vale, eu pensei que non... É que os coordinadores deses proxectos
aparecen como membros de galego21, coa súa dirección dese dominio (e
imaxino que serán da asociación)

>concretar.... imos poñer o LeGal na lista de proxectos que agora temos xa en
>Galego21, o servidor, dominio, listas, etc.. son autonomas e autoxestionadas
>polo LeGal, e no posible cada vez que haxa unha novedade, accederedes aos
>formularios que ten Galego21 para que aparezan na sección de 'noticias'. Que
>vos parece??, algunha puntualización?, algo co que non estedes de acordo?.

        Se ninguén quere engadir algún matiz...

>- O Mozilla: Agora estou co tema, estudiando as ferramentas de traducción
>que proporciona o propio Mozilla, a saber... o MozexpTool serve para
>exportar os recursos en formato mais 'amigable' para repartir entre os
>traductores, e tamén serve para facer 'leveragings', ou sexa, para
>aproveitar as traduccións de versións anteriores e implementalas nas novas,

        ¿Sabes se esa é a ferramenta "estándar" que van utilizar en Mozilla
para facer o leverage? ¿Ou teñen/van facer outra multiplataforma?

>asi se traducen só os recursos novos, esta feita en C++ (con interface de
>Visual 6). Existe outra ferramenta chamada 'Moztraslator', que está feita en
>Java (e que serve para calquera plataforma) e que implementa unha interface
>de tal maneira que atrapa os recursos do Mozilla e os presenta nunha
>pantalla en formato Browse de Base de Datos onde se implementan as
>traduccións, e ten unhas utilidades para 'salvar, recuperar, implementar
>traduccións, exportar, importar, etc..).

        Aínda que din que que está en desenvolvemento, semella que a
utilizan na maioría das traduccións.  As catro que teño eu (it, ja, pt,
sv), están feitas con ese programa.

        Se o baixaches e probaches, ¿sabes se tamén pode facer o leverage?

        É que a min iso de utilizar editores estraños... Eu prefiro usar
editor de texto+convertidor a UTF-8. :-)))

>    -Por medio de Perl e/ou PHP e/ou ASP crear unhas páxinas dinámicas onde
>se accedera por medio dunha clave dada aos que quixeran colaborar na
>traducción/revision do Mozilla, e que servirian para facer traduccións en
>liña, de tal xeito que se alguen ten 30 minutos accedera ás páxinas e fixera
>as traduccións que poidera.
>
>    Esto ten o inconvinte de que se ten que estar conectado. Pero a
>flexibilidade é total, non se dependeria de plataformas de traballo dos
>traductores, nin de distribuccións de software moi extensas. Claro que non
>estaria mal ter ferramentas de traducción para que a xente as baixara e
>traballara con elas, pero........

        Uf, non sei, isto leva traballo...

>    Bueno, pois estou con esto. No LeGal vos poderiades ocupar de analizar
>as pequenas diferencias para pasar dende a traducción xeral á plataforma de
>Linux, que estan disponibles na seguinte páxina:

        Só hai un par de ficheiriños cunha ducia de mensaxes distintos para
a plataforma Unix, non hai problema nese aspecto.

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

Responderlle a