O Tue 11 Jul 2000 13:51:59 +0200, Sergio Rua escribía:

> Match Bracket

 Emparellar parénteses. É unha función que teñen moitos editores de
programación; tendo o cursor sobre unha paréntese, ou un corchete, ou unha
chave, atópache o que corresponde a ese (se está abrindo, atopa o que pecha,
e viceversa).

 En joe, a función chámase con ^G. Emacs tamén ten emparellado de
parénteses, e tamén a última versión da librería readline (usada polo bash,
probade a escribir algo con parénteses, a ver se vedes algo estrano :-)).

-- 

   Tarrío                                          Fidonet: 2:348/105.93
(Compostela)

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a