Que tal!

Por fin o fixen, por fin puxen por aqui un mailman 2.1 beta para que o
poidamos traducir ó galego.

Ben, a cousa e que puxen unha paxina web en listas.trasno.net onde comento
un chisco o tema da traducción, e que xa apuntei a unha lista para
organiza-la traducción a algunha xente porque tiña amosado interese pola
traducción do bicho.

Poño unha resume do que hay que tradicir:

Por unha parte temos as mesaxes, que estan no mailman.pot e que ocupa 212036
bytes tendo 7237 liñas, ou 1118 msgids se preferides.

Logo están as plantillas (templates) que son 34 ficheiros entre os html e os
txt e que ocupan unhas 60 KB ou asi.

Polo de agora o mailman que teño di que está en Galician todo e tal, inda
que o galego que teño e un cp do castelán, cun anaquiño traducido por min,
por certo, o .po que teño a medio traducir está la paxina web en
http://listas.trasno.net/ficheiros/mailman.po digo isto para que os que
digades iso de... xa o traduce este... volo pensedes duas veces, xa que si
vedes a miña traducción veredes que está chea de erros, así que fan falla
voluntarios que axuden ;-)

Teño creadas duas listas, unha chamase trasno, que esta unicamente en
galego, e outra que se chama probas que está disponible en todalas linguaxes
que ten o mailman polo de agora, a idea e usar trasno para as comunicacións
da traducción e que todos os traductores estemos nela, e a outra para o que
queira a xente. Non hay problema ningun por crear novas listas segundo sexan
necesarias. En fin, creo que o mellor e que vaiades á paxina web en
http://listas.trasno.net e vexades todo por vos mesmos.

Ben, pois non sei que engadir mais agás que me gostaría moito ter isto en
galego e que como podedes ver polas faltas cometidas neste texto eu non son
o mais indicado para a traducción, eso si, se non queda mais remedio
tentareino traducir eu. O de ter interese por ter isto en galego e porque me
gostaría moito ter o mailman en galego levando as listas do trasno, creo que
sería unha boa cousa, pero vos diredes.

Os que querades colaborar e non estexades todavia subscritos á lista trasno
que creei no mailman este de listas.trasno.net, podedes subscribirvos ou
mandarme unha nota ó respecto e xa falamos.

Saudiños...
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a