Hola!!

A ver, antes de nada, eu son o que enviou a noticia e logo saiu
publicada no boletín de Hispalinux. O referente a distribución de Linux
o galego ven dado polas conversas mantidas nas xornadas sobre software
libre que se fixeron na Universidade de Santiago e a que asistiu xente
da xunta de galicia para tratala posibilidade de usar software libre na
administración e a partires de ahí saiu a posibilidade de facer unha
distribución en galego. Antes de que vos votedes a min, a idea non é en
si facer una distribución «completa» , senón facer unha adaptación do
que xa esta feito. A miña intención e ter un sistema que arranque un KDE
ou un GNOME e este teña un openoffice, un mozilla, etc... non me refiro
a traducir a distribución, senón as aplicacións que use normalmente a
xente. ¿Para que traducir as mensaxes do «ls» cando o usuario final non
o vai usar?. Non sei se me explico, pero despois da charla que deu Pedro
Reina, cada día estou máis convencido de que os usuarios de Linux pensan
que o importante e un kernel e a consola, canda o usuario final, non
teñen porque saber nin o que é. ¿Algunha opinión respecto a isto?

-- 
Un saludo;
Damian Fernandez Molinos
Grupo de Usuarios de Linux de Galicia
dam...@glug.es             ICQ:931374


--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a