O Mércores, 28 de Maio de 2003 ás 12:59:33 +0200, Alberto Garcia escribía:
> A lista trasno / gpul-traduccion (¿son diferentes? ¿por qué?) > non fai máis que recibir spam todoso os días. ¿Non se pode controlar > iso? ¿Por qué nas outras listas non acontece o mesmo? É por culpa dun grupo de spammers rusos que, dende hai algo máis dun mes, "apropiáronse" dos dominios trasno.net e gpul.org para envia-la súa merda. É dicir, envían os seus spams poñendo no From: enderezos @trasno.net e @gpul.org. É moi complicado localizalos, porque non empregan "relays" abertos para envia-la súa merda, senon "proxies" abertos, nos que non se rexistra o enderezo IP do spammer. Cando teño un pouco tempo trato de investigar un pouco; xa enviei unhas poucas mensaxes, e conseguín que lles chimparan dous sitios web, pero aínda non cheguei ata o fondo do asunto. Sei que o spam que chega á lista é molesto, pero é ben pouco o que podo facer; a min chéganme, ademáis destes spams, as mensaxes de "usuario non atopado" de spams enviados con trasno.net, e á directiva de GPUL chéganlle as enviadas con gpul.org. -- Tarrío (Compostela) -- Para sair desta lista, manda un mail a [email protected] poñendo "unsubscribe" na mensaxe

