Acabo de poñer en http://trasno.net/mozilla/ a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC1.
Mozilla, como xa debiades saber todos a estas alturas é o mellor navegador do mundo. É gratis; tamén libre (o código fonte está dispoñible para quen o queira, e pódese empregar, modificar e distribuir libremente), pódese baixar de http://www.mozilla.org/, haino para Linux, Windows e MacOS, os virus non lle afectan [1] e incorpora mecanismos para bloquea-las cookies, os web-bugs, as fiestras emerxentes e outros mecanismos cos que certa xente, aos navegantes, lles da polo clwijefñ. Vaia, esvaroume a man polo teclado. Ah, e pódese poñer en moitos idiomas, que é do que trata isto. Por favor, instalade esta traducción e probádea, a ver que reventa. Acabo de rematala, e non tiven tempo de a probar (aquí non podo instalar Mozilla 1.4RC1). É bastante posible que algo revente, así que quedades avisados; nembargantes, preciso da vosa axuda para atopar o antes posible os fallos que poida haber, para, cando saia Mozilla 1.4, poder sacar canto antes unha traducción correcta. Haberá grandes premios [3] para os que atopen máis fallos. Para instalala tedes que seguir estes pasos: 1 - Arrincade Mozilla identificados co usuario que empregastes para o instalar (administrador, en moitos casos). 2 - Se xa estabades a usa-la traducción galega de Mozilla, cambiade ao idioma inglés [2] para que Mozilla non tente cambiar uns ficheiros que está a usar ;-) 3 - Entrade en http://trasno.net/mozilla/ e premede na ligazón "Instalar" correspondente á versión de Mozilla que tedes instalada. Havos dicir que é perigoso executar cousas procedentes de Internet, que hai moitos malvados, etc. Dádelle a "Aceptar", que eu son boíño O:-) 4 - Cando estea rematada a instalación, pechade o Mozilla e abrídeo co voso usuario habitual 5 - Se non me fixestes caso no paso 2, ou se o voso usuario de "instalación" é distinto do voso usuario habitual, cambiade ao idioma inglés [2] e reiniciade Mozilla. 6 - Cambiade ao idioma galego e reiniciade Mozilla. 7 - ¡Tachán! Hala, hala, a probalo. E, lembrade, a próxima vez que vos sobren uns euros na libreta de aforro, botádelle un ollo á miña wishlist de Amazon, e logo mercádeos para vos, claro. [1] O significado de "non" pode variar. [2] Ai si, como cambiar de idioma. É doado. Ide ao menú Edición (Edit en inglés), e escollede Preferencias (Preferences, en inglés). Na caixa de diálogo seleccionade Aparencia (Appearance) e, alí, Idiomas (Languages). Seleccionade o idioma que queredes seleccionar. Dádelle a Aceptar. [3] O significado de "premios" pode variar. -- main(){char*a=" Jacobo Tarrio ",*b=" [email protected]",*c=strdup(b),e ,*d;while(e-=e,d=c){while(*d=*a+(*d-*a+((*(d-c+a)-*d)&&++e))%(3[a]-2),* ++d);printf("%s\n\e[A",c);usleep(2000);if(!e){d=a;a=b;b=d;sleep(!0);}}} -- Para sair desta lista, manda un mail a [email protected] poñendo "unsubscribe" na mensaxe

