Falta revisalo. Se algén pode facelo, agradeceríao. Cando estea feito,
se hai algo que cambiar, avisádeme e modifícoo para mandarllo ó autor
para que o inclúa con próximas versións do programa. Traducino a partir
da versión en castelán. Só hay que copiar o ficheiro á carpeta
/usr/bin/amsn/docs (ou equivalente) e reiniciar o programa.

Iván Pérez.

FAQ 1.0
--------

P: ¿Que é Amsn?
R: Amsn é un clon do Microsoft Messenger. Permiteche manterte en contacto
cos teus amigos e intercambiar mensaxes instantáneos e ficheiros.

INSTALANDO E INICIANDO AMSN
=============================

P: ¿Que necesito para facer funcionar amsn?
R: Amsn está escrito en tcl/tk, vostede só necesita un interprete de tcl/tk,
versión 8.3 ou superior. Vostede pode conseguilo de http://tcl.sourceforge.net.
O intérprete está dispoñible para Linux, Windows e Macintosh.

P: ¿Cómo podo crear un acceso directo a amsn no meu escritorio?
R: 1.- Engade un icono no teu escritorio gnome/kde ou un menú que execute o
comando /onde/estea/instalado/amsn
        por exemplo
        /home/o_teu_usuario/msn/amsn
   2.- Outra forma:
   Como root, crea un enlace en /usr/bin ó ficheiro amsn.
   ls -s /onde/estea/instalado/amsn amsn
   Desta forma podes executar amsn só escribindo 'amsn' desde
calquera lugar.
   Logo engada un icono que execute o comando 'amsn'.

P: ¿Como podo usar-lo icono de bandexa para Gnome/Kde?
R: Tes que executar 'make' dentro do directorio de plugins, para construír
o plugin de gnome.1 vostede necesitará as librerías de desenrolo gnome. Cando
o plugin estea construido, só execute amsn e seleccione Gnome Docking no
menú opcións. Para a versión do icono de bandexa de freedesktop (compatible
con Gnome2 e KDE3), bota unha ollada ó archivo README en plugins/traydoc.

USANDO AMSN
===========

P: ¿Qué significa que na miña lista de contactos apareza un contacto en cor
maxenta?
R: Significa que ti non estás na lista de contactos desa persoa.

P: Por qué non podo cambiar o meu estado a "Sen actividade" ?
R: Ese estado está pensado para poñerse automáticamente despois dalgún
tempo sen usar-lo ordenador. Se elixes ese estado, volveráse automáticamente
a "En liña" tras uns segundos.

SOLUCIONANDO PROBLEMAS
======================

P: A veces amsn "cólgase", ¿por que?
R: Normalmente, cando amsn se cólga é debido a un problema coa
configuración do son. Puede ser que ti estéas a escoitar un son, pero a
tarxeta de son estea bloqueda, e a orde de reproducir se pare ata que a
tarxeta de son estea dispoñible. Tenta desactivar o son ou cambia-la
configuración do son.

P: Cuando intento iniciar amsn devolveme este erro:
bash: ./amsn: bad interpreter: No such file or directory
R: Vostede necesita instalar os paquetes tcl/tk, porque necesita o intérprete
de wish. Se pensa que o tene instalado, tente executar "wish amsn" en
lugar de "./amsn". Se isto funciona, edite o ficheiro amsn e cambie a
primeira liña:
  #!/usr/bin/wish
  pola dirección onde se atopa o intérprete de wish.

P: Cuando eu inicio amsn devolveme este erro:
Error in startup script: bad option "map": must be
compare, first, index, last, length, match, range,
tolower, toupper, trim, trimleft, trimright, wordend,
or wordstart
while executing
"string map $map $md5body"
(in namespace eval "::md5" script line 65)
invoked from within
"namespace eval ::md5 { ... etc
R: Vostede está a usar unha versión de tcl/tk que é más antiga que a 8.3.
Actualize tcl/tk.

P: Después de actualizar amsn, isto é o que me devolve cando o executo:
Error in startup script: expected integer but got ""
while executing
"font create menufont -family $family -size $size
-weight normal"
(procedure "::amsn::initLook" line 5)
invoked from within
"::amsn::initLook $family $size $config(backgroundcolor)"
(file "amsn" line 2184)
R: Houbo varios cambios no ficheiro de configuración. Unha solución
rápida sería eliminar o fichero de configuración antigo do seu directorio de
usuario. Elimine /home/o_seu_usuario/.amsn/config e debería funcionarlle.

P: Non podo escribir chino, xaponés ou outra linguaxe en amsn, ¿qué podo facer?
R: Parece que xcin ou programas similares non están soportados na versión
actual de tcl/tk, por iso amsn non pode traballar con eles. Vostede debería
esperar á seguinte versión de tcl/tk e espere a que esta soporte xcin.
Mentres, pode escribir texto noutro editor, copialo e logo
pegarlo na fiestra de conversación.
Novo: Internacionalización de copiar e pegar. Se vostede ten problemas
pegando caracteres en AMSN, descarge e instale a versión de tcl/tk deste
sitio:
http://jfontain.free.fr/tcl-8.4a3-2.i386.rpm
http://jfontain.free.fr/tk-8.4a3-2.i386.rpm
http://jfontain.free.fr/tcl-thread-8.4a3-2.i386.rpm

-------------------------
Por favor, nótese que este pode traballar doutra forma en caso de que vostede
non poida escribir a súa linguaxe directamenet en amsn, por exemplo, Chino
Tradicional usando xcin.
-------------------------

P: ¿Podo usar amsn trás un servidor proxy?
R: Despois da versión 0.61, o soporte para servidor proxy HTTP está
dispoñible. Isto significa que vostede pode conectarse trás dun proxy HTTP
(como por exemplo squid). Se o seu servidor proxy é socks5, entonces vostede non
tenrá a oportunidad de conectarse aínda, pero o soporte para socks5 está
en camiño.

P: Estou trás un proxy HTTP, ¡pero aínda non podo conectarme!
R: Amsn usa CONNECT flag para o proxy HTTP. Vostede ten que estar seguro de
que o seu proxy permite este tipo de conexión (SSL). Pregunte ó seu 
administrador
para permiti-las conexións SSL polos CONNECT request.

P: AMsn parece conectarse, pero cando tento conversar con alguén ou cambiar
o meu estado, desconéctase. Isto pasa a miúdo, despois dalgúns minutos de
inactividade. Probablemente estea detrás dun router ou un cortalumes.
R: Tente habilitar "Compartir conexión(NAT" no menú Ferramentas -
Opcións, na pestana Conexión. Este é un arranxo para conexións
compartidas a internet que permite enviar dummy packages ó servidor cada 2
minutos, isto mantén viva a conexión.

P: O son repítese. Por exemplo, se teño funcionando XMMS, e alguén
entra ou estou chateando con alguén, despois de pechar XMMS ou remata
o ficheiro que estou a reproducir, todos os sons que non puideran
ser reprucidos por culpa de XMMS reprodúcense de forma molesta.
R: Vostede ten varias solucións. Se está a usar KDE, pode configurar XMMS
para reproducir son a través de arts, e usar artsplay como reproductor de
son para amsn. Desta forma o problema cos sons será arranxado. Se
está a usar Gnome, pode usar esdplay e configurar XMMS para reproducir
a través de ESD. En lugar de usa-lo reproductor, pode facer un pequeno
script que comprobe se /dev/dsp está en uso, ou libre, antes de "darlle a
reproducir".


Execución en Windows
========

P: ¿Podo facer que o son funcione baixo Windows?
R: Si, nós temos un pequeno programa chamado plwav.exe, que só
reproduce un ficheiro wav en Windows. Vostede pode usalo como programa de
son (amsn usa algúns programas externos para reproducir son). Diríxase
ó menú Ferramentas - Opcións - Preferencias - Aplicacións, e introduza
"plwav" como programa de son.

P: Cando aparece unha fiestra emerxente, a barra de tarefas da fiestra
aparece oculta parcialmente, ¿puedo solucionalo?
R: Si, vostede pode move-la fiestra de notificación, movendo os píxeles X á
esquerda e os píxeles Y arriba. Pode cambiar isto en:
Ferramentas->Opcións->Preferencias->Apariencia

OUTROS
=====
P: Se elixo "gardar contrasinal", este almacenaráse desencriptado dentro
do ficheiro de configuración amsn. ¿Isto non é inseguro?
R: É imposible garda-lo contrasinal de forma encriptada. O contrasinal debería
ser usado para xerar unha sinatura dixital md5 que debería ser enviada pola rede
durante o login. (O contrasinal non se envía en texto plano pola rede).
Nós non podemos gardarlo dunha forma irreversible como as contraseñas
en /etc/passwd, porque é necesario le-lo contrasinal para xerar esa
sinatura. Se nós usamos algún tipo de encriptación reversible, entón
calquiera podería descodificalo mirando o código de amsn. En linux o
ficheiro de configuración é só lexible polo seu propietario. A única maneira
de estar seguro que ninguén poida ler o contrasinal é non gardándoo.

P: Teño outra pregunta, ¿podedes axudarme?
R: Si, podemos. Pero primeiro, bote unha ollada á páxina do proxecto
sourceforge, que está aloxado en http://sourceforge.net/projects/amsn, e
comprobe tódolos bugs, solicitudes de soporte e os foros xerais para comprobar
se o seu problema está xa resolto. Non comprobe só as mensaxes marcadas como
"Abertas". Hai unha lista desplegable onde pode seleccionar "Pechada" no 
alto da lista de mensaxes. As preguntas resoltas están normalmente marcadas 
como pechado. Antes de remitir un bug ou preguntar polo soporte, apunte os
seguintes datos:
- Versión de Amsn.
- Versión de Tcl y TK.
- Localize o erro a remitir(se é posible).

Se aínda ten algunha dúbida, pode escribirme a:
airad...@users.sourceforge.net


Responderlle a