O Jueves, 24 de Julio de 2003 01:09, Iván Pérez Domínguez escribiu:
> Falta revisalo. Se algén pode facelo, agradeceríao. Cando estea
> feito, se hai algo que cambiar, avisádeme e modifícoo para mandarllo
> ó autor para que o inclúa con próximas versións do programa.
> Traducino a partir da versión en castelán. Só hay que copiar o
> ficheiro á carpeta /usr/bin/amsn/docs (ou equivalente) e reiniciar o
> programa.
>
> Iván Pérez.
Ola :-)

Non o mirei todo a fondo, pero como seguro que alguén máis o mirará 
seguro que entre todos o deixamos ben pulido.

Asi botándolle unha ollada por enriba vexo o seguinte:

-Unhas veces usas "ti" e outras "vostede" deberias seguir un criterio, 
misturandoo dificultas a letura.

-Usas desenrolo como tradución de "development" creo que o correcto 
sería usar desenvolvemento. Desenrolo significa desfacer un rolo, se me 
engano podedesme mandar un capote.

-Unha graciosa: "Icon" en galego é icona. :-D

-"Puede ser que ti estéas a escoitar un son": quedaria mellor "poida que 
estea a escoitar un son", tanto polo castelan do empezo como polo de 
estar poñendo seguido o "ti", en ingles ponse sempre pero en galego non 
fai falla.

-Non sei se hai máis porque so o mirei por enrriba como xa mencionei, 
pero o que si ten é un pouco o aspecto de ser unha traducción demasiado 
literal do castelan, e eso fai que quede un pouco mal. Eso creo que nos 
pasa a todos, por eso se recomenda traducir sempre ao dereito do ingles 
(ainda que neste caso o orixinal é en castelan, non?).

De calquera xeito moitas gracias pola tradución, eu hei de incorporar o 
ficheiro ao meu amsn (teñoo instalado malia non o usar).

A ver se alguen che atopa algo máis.
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a