Veño de deixar en http://trasno.net/mozilla/ a traducción de Mozilla
Thunderbird 0.3 . Desfrutádea.
As instruccións para a instalación tradúzovolas do sitio web de Mozilla:
Importante: Os paquetes de idioma hai que descargalos localmente e despois
abrilos en Mozilla Thunderbird. Se empregas un navegador compatible con
Gecko, NON premas directamente na ligazón, xa que iso ha facer que se
instale o paquete no navegador, no canto de en Mozilla Thunderbird.
Para traduci-la interface de usuario ao teu idioma preferido:
1. Preme co botón da dereita na ligazón do paquete de idioma e escolle o
elemento do menú contextual para descarga-lo ficheiro ligado (ou preme co
botón esquerdo mentres tés premido o botón de maiúsculas no teclado).
2. En Mozilla Thunderbird, no menú, escolle Tools | Options | Extensións.
Preme en «Get New Extensions» e busca o ficheiro .XPI que acabas de
descargar.
3. Cando a instalación estea completa, reinicia o programa dende a liña
de ordes, engadindo os seguintes parámetros:
thunderbird -UILocale gl-ES
--
Tarrío
(Compostela)
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno