>       No caso de non atopares ningún interesante, outra opción é que
> fagas tradución de documentación... Aquí non facemos diso porque non hai
> tempo, pero poderíase buscar sen problemas. Xabi, sabes ti como vai o tema
> da tradución de documentación de KDE? Non sería mala idea...

Non estou moito ao día co da documentación, pero en calquera caso son
encargado dela tamén. Polo momento non están dispoñíbeis as fontes en
i18n.kde.org/stats/doc , pero se decides traducir documentación póñoas
á disposición do público. Podes ver máis ou menos de qué van ollando en
http://i18n.kde.org/stats/doc/HEAD/es/index.php , que se corresponde coa
páxina do equipo castelán.

O proceso segue a ser o mesmo. O KBabel ten posibilidade de manexar estes
ficheiros de documentación (KBabel é un programa para Linux de KDE, co que
traducimos, ademáis do GTranslator e o Xemacs, pero este último non é
específico para traducir).

Cando se remata un ficheiro envíase ao coordinador do proxecto. Para KDE son
eu. Para Gnome é Jesús (j...@pobox.com), pero coido que no aspecto
da documentación estamos todos moi "verdes" pola carencia de tempo.

Se tes algunha dúbida (seguro que si) segue a preguntar todo o que queiras e
desculpa que non te respostaramos con anterioridade.

Deicalogo.


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a