O Sábado 18 de Setembro de 2004 ás 14:49, jose dicía:

> Cal é o estado actual das traduccións de GNOME-2.8, vin na web
>que ainda anda polo vintetantos por cento, ¿hai moita xente axudando?
>¿como se podería colaborar?

        Pois o estado das traducións completas é un 15%, e o da suma
devel-libs + desktop (os paquetes máis importantes), andan polo 25%.  Na
última semana subiu un 5%, e teño algunhas traducións case preparadas para
ir enviando nas próximas semanas que subirán a porcentaxe ata perto do 50%.

        Moita xente non somos, claro :)  Agora mesmo Ignacio Casal e máis
eu, así que calquera axuda é benvida.

        E a mellor maneira de axudar é, claro está, traducir algún paquete.
Aínda hai bastantes dispoñibles na sección desktop (ou que están asignados
a min pero hai tempo que non actualizo), como o gedit, gnome-media,
gnome-utils, gnome-games...

        Se queres facer algún, escolle o que máis che guste e avísame para
que che asigne como tradutor.

        A ver se conseguimos chegar ao 50% (partially supported) na versión
2.8.1, e ao 80% (fully supported) na versión 2.10 ;)

        Graciñas, un saúdo!

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
  • Estado GNOME jose antonio s.a.
    • Re: Estado GNOME Jesus Bravo Alvarez

Responderlle a