Ola xente,

    Chamome Miguel, algúns de vos xa me coñecedes, para os que non decir
que levo xa moitos anos no mundo do software libre e actualmente son o
presidente do glug (www.glug.es ). Lamentablemente aínda que fai un tempo
colaborei na traducción dalgún programa pequeno actualmente, por cuestións
laborais, non dispoño practicamente de tempo e non podo colaborar todo o que
me gustaría.

   Apuntome hoxe a esta rolda porque fai uns intres lin este comentario (
http://www.glug.es/node/259#comment) na web do Glug. E como xa sabe a xente
dos Lugs galegos a petición de que colaboraran na localización de software
libre o galego, comezando polo OpenOffice e no desenvolvemento de
ferramentas lingüisticas para o noso idioma (imprescindibles un corrector
ortográfico e gramatical) propuxena eu mesmo na Consellería de Industria. E
ese mesmo día xa recibín críticas por sairme do guión do que se esperaba que
falasemos.

  Pasou algún tempo e a Xunta dalgunha maneira está a cumprir co que lle
pedimos, así que non sei moi ben cales son as críticas que comenta Xabier
Villar sobre este proxecto. A miña contestación tamén a podedes atopar en (
http://www.glug.es/node/259#comment).

Saúdos, Miguel

PD: Tentei  de consultar o arquivo desta rolda (
http://ceu.fi.udc.es/pipermail/trasno/
) para que non tiverades que repetir o que xa diríades con anterioridade,
pero dame un erro 404.
"Not Found The requested URL /pipermail/trasno/ was not found on this
server."

--
Miguel Ángel Fernández Morales
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a