Boas! Hai xa uns anos que propuxen traducir o mailman ó galego, para elo montei unha versión por aquelas alpha do mailman (2.0 se non lembro mal). O caso é que varias persoas tentaron de o traducir, pero ninguén a terminou, alomenos que eu saiba e alomenos facendo uso do que eu montara daquelas.
A cousa e que hoxe se me dou por buscar en google por o mailman en galego e atopei que http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo ten o mailman aparentemente traducido, nembargantes se un descarga o último mailman dende a páxina oficial, non contén a traducción ó galego, e non aparece referencia algunha (alomenos que eu vise) ó galego nesta páxina. Gustariame saber se algén sabe algo desta traducción de mancomun.org? Pódese descargar dende algún lado ou son deste tipo de xente que fan as cousas e logo non publican nada? En fin, gustariame moito saber que temos unha traducción do mailman, e que se fixese oficial e polotanto estivera dentro do paquete oficial do mailman, ... Digo esto porque sei que hai xa un tempo a Deputación de A Coruña estaba tentando traducir o mailman ó galego para o seu uso. Non sei se ó final o fixeron ou non, pero non me gustaría nada saber que anda cadaquén polo seu lado e que existindo xa traduccións ó galego, a xente non ten todavía unha traducción libre. Saudos... -- Manty/BestiaTester -> http://manty.net _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

