"Mancomun.org - Iniciativa galega polo Software Libre" presenta a versión 2.0.4 do paquete ofimático OpenOffice.org para usuarios tanto de GNU/Linux como de MS-Windows.

Queremos agradecer especialmente a todos os usuarios de Mancomun.org que estiveron traducindo a interface do OpenOffice na aplicación Entrans, e contamos con todos vós para colaborar nas vindeiras traducións tanto do OpenOffice coma doutras aplicacións.

Para descargar esta nova versión, visita a páxina de descargas do OpenOffice en Mancomun.org...

http://www.mancomun.org/index.php/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/

O OpenOffice.org inclúe as ferramentas máis usadas para o traballo ofimático diario (procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, un programa para facer presentacións, debuxos, etc.), así como o último corrector ortográfico para o galego.

O corrector inclúe máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos.

Rogámosvos a máxima difusión a esta noticia.

Mancomun.org-Iniciativa galega polo Software Libre
xo...@cesga.es
Tfno: 981 56 98 10 Ext: 247
Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga)
Avda. de Vigo S/N
15706
Santiago de Compostela

Responderlle a