Ola a todos,

Acábase de abrir a tradución de Ubuntu Feisty (7.04), que será publicada
en abril (probablemente o día 19):
https://launchpad.net/ubuntu/feisty/+lang/gl

Esta apertura retrasouse máis do agardado, pero de momento quédanos
tempo para traducir as cadeas máis importantes e para corrixir os erros
máis visibles.

Aproveito de novo para pedirvos (especialmente aos usuarios de Ubuntu) a
colaboración na detección das traducións erróneas, de xeito que se podan
modificar antes de que se conxelen as cadeas para a versión definitiva. 
Podedes informar dos erros que detectedes en
ubuntu-l10n...@lists.ubuntu.com.

Un saúdo!

P.S.: O aviso orixinal está en
https://lists.ubuntu.com/archives/rosetta-users/2007-March/002113.html





Responderlle a